O meu cole chámase...

Cardenal Cisneros

Cardeal e rexente de Castela

xornal3011_cisneros_001

Aínda que naceu como Gonzalo, o Cardenal Cisneros pasou á historia como Francisco Jiménez de Cisneros. Foi cardeal e arzobispo de Toledo. Como relixioso, pertencía á Orde Franciscana. Cisneros gobernou a coroa de Castela en dúas ocasións e unha das cousas que fixo durante os seus mandatos foi a de instituír a obligatoriedade de identificar ás persoas en España cun apelido fijo (en lugar do mote que empregaban ata entón), e comezaron a pasarse de pais a fillos para identificar ás familias, do mesmo xeito que aínda facemos hoxe.

Fundador universitario

xornal3011_cisneros_002

Unha das cousas polas que é máis coñecido o Cardenal Cisneros é por ter sido o fundador da Universidade Cisneriana en Alcalá de Henares, un dos centros de coñecemento que máis influíu na cultura española a nivel histórico. Foi a primeira universidade renacentista, humanista e universal. Debido ós seus bos contactos, esforzouse por atraer ata este novo centro ós mellores profesores da época e de construír un entorno urbanístico axeitado á envergadura do proxecto. Foi tamén fundador doutras institucións como hospitais.

Influencia en toda España

xornal3011_cisneros_003

A influencia do Cardenal Cisneros na sociedade, a educación e a cultura da época reflíctese na fonda pegada que aínda hoxe teñen tanto as institucións que fundou como a da súa propia figura. Deste xeito, existen colexios en toda España que levan o seu nome. En Galicia tan só figura o de Ourense, situado na rúa Emilia Pardo Bazán e que contou co etnógrafo Xocas entre os seus fundadores. Ademais, a cidade conta cunha rúa chamada coma o cardeal e político medieval no Casco Vello, próxima á Catedral.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma