XORNAL ESCOLAR

Talento cativo emerxe das aulas

20180322134921906_result
photo_camera Escolares, pais e profesores seguen atentamente cada unha das demostracións.

No recreo os escolares amosan as súas habilidades e cada un recibe unha chapa co logo "Eu podo, e ti?"

Que o alumnado amose as súas habilidades, mellorar a autoestima ou saber que a constancia e o esforzo teñen a súa recompensa son algunhas das finalidades dun certame que se está a organizar no colexio Filomena Dato de Ourense. Denomínase "Talento cativo" e lévase a cabo nos recreos. Os escolares presentan os seus talentos e un xurado, composto por mestres e familias e tamén por alumnos e alumnas, escollerán aos escolares máis talentosos do colexio. Ata o de agora xa celebraron tres sesións e mañá, día 5 de abril, rematará a primeira fase do concurso.

Todos os e as concursantes reciben unha chapa co logo “Eu podo, e ti?" soamente polo feito de participar. No blog xogaeaprende podedes atopar toda a información sobre este evento, ademais de fotos e vídeos coas actuacións dos escolares. 

Esta actividade, ademais de conseguir os obxectivos marcados ao principio, serve para que os nenos e nenas do colexio se divirtan dun xeito creativo e desconecten por uns minutos do que é o estudo e a concentración que requiren as clases.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma