CEIP DE SEIXALBO

Eu de maior... quero ser bombeira

20180320111355265_result
photo_camera Tras a ponencia, os escolares quixeron fotografiarse coa convidada.

O alumnado de Seixalbo participou nunha interesante charla a cargo de Cristina Posada coincidindo co Día da Muller

Cristina Posada é a máis antiga das dúas únicas mulleres que prestan os seus servizos no corpo de bombeiros de Ourense. Hai uns días, acudiu ao CEIP de Seixalbo para compartir co alumnado unha interesante charla durante a que explicou as claves do seu traballo. 

Esta actividade formaba parte dos actos programados polo centro con motivo do Día Internacional da Muller. Cunha intervención didáctica e divertida, a convidada presentouse vestida de calle para participar nun xogo no que o alumnado tiña que adivinar a profesión da ponente a base de preguntas, ferramentas ou elementos que forman parte da súa profesión, ata que ao final descubriron que era bombeira.

O obxectivo era derrubar a etiqueta de xénero que teñen determinadas profesión, como a de Cristina, considerada historicamente como de homes. 

Os escolares participaron activamente nesta actividade, incluso probaron o casco de Posada canto ao final da súa intervención, vestiu o uniforme de traballo, momento que seguiron con moita atención todos os presentes.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar