AULAS ABERTAS

En Cenlle apostan pola vida saudable

Izan, Dani, Valentina, Carlos, María e Carla. traballan na aula. Ao longo do día comparten numerosas actividades en grupo que son moi importantes para traballar valores fundamentais na súa formación.
photo_camera Izan, Dani, Valentina, Carlos, María e Carla. traballan na aula. Ao longo do día comparten numerosas actividades en grupo que son moi importantes para traballar valores fundamentais na súa formación.

No CEIP Carmen García Carrasco están inmersos en numerosos proxectos na procura dunha formación integral do alumnado. Unha das iniciativas céntrase na alimentación equilibrada e a práctica de actividade física como base dunha vida sa

No Concello de Cenlle está ubicado o CEIP Carmen García Carrasco, un centro educativo de Infantil e Primaria no que a pesar de ser poucos nenos e nenas realizan numerosas actividades e proxectos ao longo de todo o curso. 

Conchi Pérez e o seu equipo do Xornal Escolar de Telemiño quixeron compartir un día cos escolares de Cenlle, que os recibiron cos brazos aberto e con moitas ganas de amosarlle a intensa actividade que hai cada día no colexio.

Uxía, Antía e Alexandre foron os encargados de presentar o centro educativo e preguntarlle aos seus compañeiros que estaban a facer e o que máis lles gusta do seu colexio.

En Cenlle, ademais de estudar as materias propias de cada nivel educativo, están inmersos en varios proxectos e actividades complementarias coas que buscan a formación integral dos seus alumnos e a que estes aprendan cousas interesantes para a vida dun xeito lúdico e participativo.

Este curso seguen a traballar nos Hábitos de vida saudable, pero nesta ocasión centrados especialmente na alimentación equilibrada e a práctica de actividade física como base para levar unha vida sa. Andainas pola contorna do centro, xuntanzas deportivas, visita ao mercado, charlas de alimentación, obradoiro de receitas saudables ou a elaboración de murais polas diferentes conmemoracións no que a alimentación e o deporte estiveron moi presentes son só algunhas das interesantes propostas que compartiron este curso. 

No CEIP Carmen García Carrasco tamén contan cun horto e un composteiro, onde aprenden a cultivar produto saudables, coñecen a importancia de aproveitar os restos de comida orgánicos e, o máis importante, observan con ledicia como o seu traballo da os seus froitos. Na actualidade contan con cenorias, calabacíns, leitugas, fresas, etcétera.

Ademais das actividades realizadas no centro, os nenos e nenas de Cenlle participan en numerosas actividades fóra do recinto escolar, saídas e visitas culturais que tanto lles gustan e coas que aprenden cousas moi interesantes que resultan un reforzo ao aprendido previamente na aula. Destacan as xuntanzas con outros centros da contorna, tanto para celebracións como foi o caso do Día das Letras Galegas cos escolares do CRA Amencer; unha convivencia no CPI de Maside; ou probas deportivas cos nenos de Amoeiro, Coles e Maside.  En definitiva, experiencias únicas e complementarias que enriquecen a aprendizaxe dos nenos que comparten vivenzas que nunca esquecerán.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?