ACTIVIDADE

Un centro moi activo e divertido

profesores e alumnos comparten durante todo o curso numerosas actividades complementarias

A celebración do Día da Paz súmase a moitas outras que se festexan no colexio de Vilardevós. Deste xeito compartiron recentemente unha actividade de xogos populares, onde todos o pasaron en grande xogando a aqueles xogos que compartían os seus pais e avós.

Tamén foi salientable a celebración do Entroido ou as xornadas de deportes, onde aprenderon a xogar a deportes menos habituais como pode ser o beisbol, o rugby ou o balonmán. No Día de Rosalía tamén leron poemas e compartiron así outra das moitas xornadas festivas coas que contan no centro. Trátase de aprender dun xeito lúdico e desto saben moito en Vilardevós.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?