XORNAL ESCOLAR

Charla, murais e lemas para celebrar o día do galego

20190520135350500_result

En torno a 1.200 persoas, entre alumnado e profesores de Salesianos citáronse no gimnasio do colexio

No colexio María Auxiliadora "Salesianos" sumáronse un ano máis á celebración do Día das Letras Galegas. O acto colexial foi no ximnasio do centro dado que se sumaron á conmemoración 1.200 persoas, entre alumnado e profesorado.

O profesor da Universidad de Vigo, Antonio González Fernández, foi convidado a falar sobre por que debemos ler e falar galego máis a cotío. Pola súa banda, os alumnos de Primaria presentaron a través de murais feitos por cada aula a biografía e obra de Antonio Fraguas, homenaxeado nesta edición. O alumnado de ESO expuxo diversos lemas partindo de frases coma "cando falas galego...", "se perdemos a fala...", "expresións como... só se entenden en galego", etc. Desexando mil primaveras máis para o galego e entonando o himno galego rematou o acto.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar