XORNAL ESCOLAR

Chuvia de ideas, cargadas de imaxinación e creatividade

Telemiño. 06/04/18. Grabación del programa de xornal Escolar al ceip O Couto.
Foto: Xesús Fariñas

Tegra, Jorge e Lucía exerceron de co presentadores no programa Xornal Escolar de Telemiño,  onde acudiron para presentar o seu proxecto de teatro de sombras

Escolares de 4º A e B de Primaria do CEIP O Couto ocuparon o plató de Telemiño para participar no programa Xornal Escolar que conduce Conchi Pérez. Acompañados pola súa mestra Mar Nóvoa,  os escolares acudiron co obxectivo de presentar o seu interesante proxecto de teatro de sombras a todos os telespectadores. Tegra García, Jorge Espinosa e Lucía Balboa exerceron magnificamente de co presentadores. Con moito dinamismo, ledicia e moitas ganas de compartir a súa actividade con todos, explicaron cada detalle da mesma xunto á súa mestra. Tras visionar a gravación da actividade, xa que días antes as cámaras de Telemiño acudiron ao centro, os co presentadores coincidiron en sinalar o moito que lles estaba a gustar este proxecto e o moito que estaban a aprender. 

Tegra foi a encargada de resumir estupendamente o que foi para eles a actividade, xa que un día antes de acudir ao plató de Telemiño, todos os nenos e nenas reuníronse para expor as súas impresións. Tegra aportou así a oponión de todos os compañeiros e compañeiras “trátase dunha chuvia de ideas. Así Regina pensaba que tiñamos un caixón no corpo onde gardabamos todas as emocións. Marín sinalou que no noso camiño aparecen portas das que non temos chaves para abrir, pero ao facer este tipo de actividades, poden abrirse moitas portas, explota a imaxinación e a creatividade. Outros compañeiros indican que esta actividade é importante para traballar a frustración, a empatía ou a autoestima”, sinala Tegra non quere perder a oportunidade de aportar a súa propia opinión: “a mín pareceme moi ben facer esta actividade xa que o día de mañá podremos ser mellor persoas e podremos loitar polos soños e polas nosas metas”, conclúe emocionada.


Latricar


Escolares do CEIP O Couto ocuparon a sección latricando sobre o moito que están aprendendo coa actividade teatro de sombras.


Ler a prensa


O Xornal Escolar de La Región volve a demostrar que pode ser unha estupenda ferramenta para empregar na aula. Nesta ocasión, os escolares de O Couto inspiráronse no suplemento e nunha nova  sobre saúde integral para traballar de novo as emocións na aula.


Viaqua


A sección AugaEscola que cada semana presenta Viaqua continúa cunha nova proposta do xogo educativo “Sabías que?”. Escolares de ESO de Franciscanas volveron a dar resposta aos interrogantes que lles plantexaron os expertos de Viaqua, Marian e Santi, que nesta ocasión se centraron nos filtros de area.


Axenda


A alternativa de ocio ou axenda desta semana preséntase en forma de solidaridade, cariño e compromiso. Conchi e o seu equipo desprazáronse á Protectora de Ourense, Progape, para ser testemuños dun día de paseo. Cada vez son máis os nenos e nenas que se suman a esta iniciativa coa que lle proporcionan moito cariño aos animais que están no centro.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?