La Región

COLEGIO LA PURÍSIMA

Cociñeiros de receitas de paz

ESscolares de Infantil, Primaria e ESO do Colexio La Purísima elaboraron menús para adozar o mal que existe na actualidade en todo o mundo

Un grupo de cativos amosa os gorros de cociñeiros que eles mesmos elaboraron.
Un grupo de cativos amosa os gorros de cociñeiros que eles mesmos elaboraron.
Cociñeiros de receitas de paz

Como vén sendo habitual, no CPR Plurilingüe La Purísima celebraron por todo o alto o Día escolar da non violencia e a paz.
As actividades prolongáronse durante unha semana, onde os alumnos de Educación Infantil, Primaria e ESO traballaron sobre o lema deste ano “Unha receita de paz” para descubrir a necesidade de cociñar un menú de paz no corazón de cada un.

Os alumnos de Infantil foron os cociñeiros da receita que os alumnos de Primaria elaboraron con tolerancia, compañeirismo e paixón. Os alumnos da ESO fixeron a sobremesa cunhas piñas de mans batidas cheas de mensaxes para adozar o mal do noso mundo.