AULAS ABERTAS

Coidado, respeto e amor polo río e o entorno

31239430_2125845307698911_2006637552806658048_n_result
photo_camera Gonzalo xunto ao seu equipo de Ecovixiantes.

Baixo a denominación "Muestreo de Primavera. Custodia fluvial del Río Loña", os Ecovixiantes participaron nunha nova actividade

Os Ecovixiantes de Franciscanas non paran. Entre as múltiples actividades que comparten coa finalidade de coidar o entorno, coñecelo mellor, respetalo e amalo, unha das últimas propostas foi o denominado “Muestreo de Primavera. Custodia fluvial del Río Loña”.

O grupo, capitaneado polo seu profesor Gonzalo Sánchez, participou nunha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Realizaron inspeccións do estado dos ríos galegos co obxectivo final de facerse responsables da vixilancia deste magnífico espazo natural, especialmente aquel do entorno ou municipio.

 Estas inspección realízanse como mínimo dúas veces ao ano e son actividades que contan con moi boa acollida por parte do alumnado que coida do entorno e sabe respetalo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar