AULAS ABERTAS

Un colexio moi activo naVeiga

A VEIGA, OURENSE 14/11/2017, CIP de A Veiga, Hugo, Maria, Hugo,, Aimar, Guille, Sergio, Lujan, Lucia, Candela,  foto Gonzalo Beay
photo_camera Hugo, Maria, Hugo,Aimar, Guille, Sergio, Lujan, Lucia e Candela conversan animadamente nunha das aulas.

O colexio da Veiga traballa en proxectos e combina á perfección as materias curriculares con actividades complementarias de carácter práctico tanto dentro como fóra do colexio

Co fin de coñecer un colexio do rural, onde se fuxe do estrés e da masificación,  se aposta polo compañeirismo e se forxan amizades nobles e sinceiras, as cámaras de Telemiño desprazáronse á Veiga para compartir unha estupenda xornada coa comunidade educativa do CEIP Eduardo Ávila Bustillo. 19 nenos e nenas, 2 de Educación Infantil e 17 de Primaria, son os escolares cos que conta este centro de ensino este curso. Tres mestres especialitas, en inglés, música e educación física, xunto á colaboración das mestras de AL e relixión, conforman o profesorado deste colexio que tamén conta cun amplo comedor escolar, onde unha excelente cociñeira elabora deliciosos menús caseiros. 

O colexio é moi amplo e dispón dunhas clases moi cómodas e ben equipadas. Así, dispoñen de pizarras dixitais en cada aula e ordenadores. Ademais das aulas propias de cada nivel educativo, teñen unha de informática, zona de xogos, salón de actos, sala de mestres, biblioteca e tres aulas máis onde os especialistas as adican a actividades concretas que realizan ao longo do curso.

Traballo en proxectos

No colexio de A Veiga están a comezar a traballar en proxectos e contan con libros como recursos complementarios e introducen tablets en Primaria para traballar as materias troncais. Asemade, este curso están inmersos en dous interesantes proxectos de innovación, onde os escolares ademais de divertirse moito están a aprender conceptos claros e moitos contidos interesantes. Os proxectos deste curso son sobre alimentación saudable e outro de xogos e deporte. 

O colexio de A Veiga é un centro de ensino moi activo xa que lles gusta participar en numerosas actividades culturais e deportivas. O profesorado comparte o importante que é que os nenos saian do centro e coñezan outras realidades, culturas e xentes. Por este motivo, este curso comezaron coñecendo o seu, esto é o local, para rematar coñecendo o de fóra, noutros lugares de Galicia, España e incluso noutros espazos do mundo. A profesora de inglés está inmersa nun proxecto neste idioma de intercambio de correspondencia con nenos e nenas de escolas de Francia e Autralia, sen dúbida unha actividade apaixonante coa que os escolares están encantados. 

Ademais das saídas didácticas, cada mes reciben no colexio visitas de diferentes persoas relacionadas coa educaticón que traballan temas actuais de interese para os nenos. Así os visitan investigadores, contacontos, mulleres rurais que ensinan oficios e xogos de antano, etcétera. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma