ENTROIDO 2020

¿Cómo se preparou o Entroido nos colexios?

Ourense 20/2/20
Actividad infantil xoves de comadres plaza mayor

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Un mozo ourensán amosa o seu "trofeo" no Xoves de Comadres. (Foto: Martiño Pinal)
O Xornal Escolar de Telemiño dedica o programa desta semana á festa dos disfraces e os seus preparativos

Á falta dalgunhas festas de Piñata en varios puntos da provincia, o Entroido despediuse ata o vindeiro ano. Pero as cámaras de Telemiño foron testemuña de tódalas actividades realizadas na cidade en torno a esta tradición e así o amosarán no programa especial do Xornal Escolar que se emite este sábado a mediodía. A emisión comezará no Mestre Vide co obradoiro de elaboración do Meco para despois trasladarse á Praza Maior e participar no Xoves de Compadres con centos de escolares da cidade correndo para conseguir os codiciados bonecos.

Unha semana máis tarde, o mesmo escenario acolleu o Xoves de Comadres e alí volvía estar Telemiño para non perder detalle de como nenos e nenas se perseguían por toda a Praza para participar desta tradición. 

Foi ó día seguinte cando as rúas da cidade se encheron de colorido para presenciar o clásico desfile infantil no que milleiros de alumnos dos colexios de Ourense percorreron o centro ó son da música amosando a súa orixinalidade e creatividade. O colexio Santo Ángel quixo ter tamén un detalle co seu barrio e, ademais, organizou un desfile polas rúas do Couto que animaron a toda a veciñanza. Coa reportaxe sobre esta iniciativa concluirá o Xornal Escolar especial do Entroido deste ano.

Aprender a facer un meco

Aínda que o Entroido xa pasou, calquera momento é bo para aprender a elaborar un dos elementos máis significativos da tradición entroideira: o meco. Trátase dun dos personaxes encargados de anunciar a chegada da festa, especialmente polos colexios ourensáns e será o que posteriomente arda coa sardiña cando chegue o momento de marcar o inicio da Cuaresma.

Dende a Concellería de Educación encargáronse de visitar os colexios da cidade para ensinarlle ós máis cativos a elaborar esta manualidade. As cámaras de Telemiño visitaron o Mestre Vide e tomaron nota. 

Para elaboralo, tan só precisas uns cantos materiais moi doados de conseguir:

- Papeis de cores

- Tesoiras

- Pegamento

- Cordas

- Pauciños

Como queremos que o Meco semelle un corpo humano, así que terás que ir dobrando os papeis para poñerlle brazos, pernas e cabeza ó teu boneco. Podes ilo facendo arredor do pau para que quede ben fixado. Cando o teñas, chega o momento de decorar e, ó igual que fas cos teus disfraces, aquí tamén podes botarlle imaxinación e adornalo como máis che apeteza.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma