semana da mobilidade

Concienciar aos máis pequenos

mobilidade
photo_camera Os alumnos de Salesianos saudaron ós veciños cos que se foron cruzando no seu percorrido pola rúa do Progreso.
o camiño escolar foi só unha das numerosas propostas que a Semana da Mobilidade preparou para os máis pequenos

Moverse a pé pola cidade, elixir a bicicleta no canto do coche, desprazarse en transporte público son tres accións de fácil execución pero que traen consigo grandes beneficios, non só para o que as toma senón para o conxunto de todo o planeta.  Por iso, un dos esforzos máis importantes dos organizadores da Semana da Mobilidade en Ourense foi o de realizar actividades cos máis pequenos, para conciencialos sobre a importancia de tomar esas decisións e non outras, de optar pola saúde e non pola comodidade, de elixir o coidado do medio ambiente e esquecerse das catro rodas. 

Ademais deste primeiro camiño dende tres centros escolares urbanos ata o Xardín do Posío, o Concello de Ourense lanzou propostas como xincanas de bicicletas, circuítos de educación viaria, obradoiros de reparación de bicicletas, rutas de accesibilidade, quedadas de patinadores ou saídas cicloturistas. Foron sete días dunha frenética actividade que buscan converter Ourense nunha cidade máis amiga da sostenibilidade. Tódalas propostas foron un éxito de participación e culminaron o pasado domingo cos miles de inscritos no Día da Bici. Agora, despois desta semana de accións de promoción, queda que o resto do ano continúen estes hábitos, especialmente entre os máis pequenos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma