JUAN JOSÉ LAMELAS

Construíndo o teu futuro

No CEIP Plurilingüe de Celanova están a traballar nunha gran variedade de proxectos educativos

O CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova é un centro educativo que destaca pola variedade e calidade dos proxectos educativos nos que están a traballar.

Durante o curso escolar en que proxectos participa o colexio?

Participamos nos Contratos- Programas: mellora de lectura, escritura e cálculo de 1º a 3º de primaria: enigmas matemáticos para 1º e 2º a través do blog da biblioteca, situacións comunicativas da vida diaria en inglés para os alumnos de 3º, obradoiro de pesas e medidas no laboratorio para os alumnos de primaria... 

Tamén traballamos a mellora do rendemento escolar en 5º e 6º de primaria. 
Participamos no Deporte Escolar en diferentes modalidades: equipos masculinos e femininos de duatlón, bádminton e cross que participan nos campionatos provinciais, competicións internas de bádminton, baloncesto e hockey, obradoiros de xogos populares, actividades extraescolares de baloncesto, tenis e wushu, semana de boas prácticas na bicicleta, actividades náuticas en Castrelo de Miño para 5º de EP (vela, windsurf e kaiak).

Tamén quero destacar o proxecto medioambiental: Posta en valor da Carballeira de Santa María, unha Carballeira anexa a 10 metros do colexio con 5 hectáreas. Este é un proxecto de 5 anos, estamos no terceiro e levamos a cabo un amplo número de actividades como: charlas de concienciación, limpeza da zona 3, canalización do manantial, preparación dun estanque, catalogación das árbores: especie, altura, grosor, idade..., reforestación con especies autóctonas...
Estamos integrados no Plambe e este ano facemos un traballo colaborativo sobre “El Quijote”. Destacamos o plan lector, o Blog Canistrel integrado na páxina do centro, alumnos bibliotecarios. Tamén participacións nas bibliotecas solidarias, na mochila viaxeira, obradoiros de lectura, apadriña un lector, concursos de poesía e conto.

Un referente no centro é o Proxecto Tic Abalar, os alumnos teñen ordenador persoal en 5º e 6º de primaria, todas as aulas do centro contan con taboleiro dixital, conexión a internet e ordenador de mestre. Temos páxina web do centro actualizada diariamente, blog de biblioteca, canal Curros Enriquez en you tube para os vídeos e ordenadores de biblioteca para uso do alumnado.
Por último destacar o Proxecto Xermoliño, no que se levan a cabo diferentes actividades: menús equilibrados con produtos da terra elaborados por os nosos tres cociñeiros, accesibles na web, fomento da actividade física promovendo xogos de recreo (xogos pintados no patio) e do deporte escolar: duatón, bádminton, baloncesto, hockey, cross, bicicleta, actividades náuticas, xogos populares, merendas saudables de media mañá, colaboración das familias no seguimento da alimentación e dos bos hábitos, charlas anuais de respecto ó medio ambiente, antitabaco, drogas e alcol, acoso escolar... a cargo da garda civil e de monitores de medio rural e curso anual de primeiros auxilios para mestres e coidadores.

Como e cando nace o equipo de Duatlón?
Esta aventura comezou o curso pasado coa idea de promover nos nenos a afección a outros deportes distintos dos habituais. Así, en colaboración co outro colexio da vila naceu un clube ciclista no que participamos con equipos de duatlón tanto masculinos coma femininos. Os nenos e nenas entrenan no centro dous días á semana e participan en probas provinciais. Veñen de participar na que se celebrou estes días en Maceda cuns excelentes resultados.

Que actividades extraescolares se levan a cabo no centro educativo?
Realizamos diferentes actividades como: saídas medioambientais, excursións, convivencias, funcións de teatro e música, contacontos, pintura e manualidades, conversa en Inglés, obradoiro de teatro, obradoiro de cine, obradoiro de informática, baloncesto, tenis, wushu, gaita e percusión, little band, guitarra, musicoterapia. O centro tamén conta con servizos complementarios de comedor escolar, transporte escolar, servizo de madrugadores (a partir das 8 da mañá) e servizo de cambio de roupa. A Anpa organiza un campamento de verán para os alumnos entre o 27 de xuño e o 8 de xullo de 10.00 a 14.00 de luns a venres e o concello oferta nas nosas instalación patinaxe dous días por semana durante todo o ano e tamén un campus de baloncesto do 26 de xuño ó 3 de xullo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?