La Región

XORNAL ESCOLAR

Consumo de froita e leite nos recreos

participan no programa de alimentación do Plan Proxecta do Fondo Galego de Garantía Agraria

Alumnos do CEIP Xosé Manuel Folla Respino.
Alumnos do CEIP Xosé Manuel Folla Respino.
Consumo de froita e leite nos recreos

O CEIP Xosé Manuel Folla Respino participa no programa "Aliméntate ben", dentro do Plan Proxecta. A través das súas modalidades de froita e lácteos na escola e do Programa de axudas escolares de froitas, castañas e leite, do Fondo Galego de Garantía Agraria, proporciónanlle ao centro de xeito gratuíto froita e leite para tomar ao longo do curso.

A froita fresca a consumen dous períodos de 10 días de clase cada un; e o leite durante dous períodos de 60 días cada un. Durante estes días de reparto de froita e leite baixan todos na hora do recreo ao comedor para degustar estes produtos antes de saír ao patio a xogar.