XORNAL ESCOLAR

Convivencia dos centros Curros Enríquez de Galicia

20170511140607328_result
photo_camera Foto de familia dos colexios de Curros Enríquez galegos.

Un total de 130 estudantes citáronse na vila de San Rosendo e compartiron unha xornada de actividades

Celanova acolleu, por oitavo ano consecutivo, unha Xornada de convivencia dos centros Curros Enríquez de Galicia. Esta actividade, que está organizada pola Fundación Curros Enríquez e na que colabora o Concello de Celanova, pretende reunir periodicamente en Celanova aos alumnos dos centros que levan o nome do poeta e realizar actividades na súa vila natal. 

Participaron 130 escolares de 5º e 6º de Primaria dos centros CEIP Curros Enríquez da Coruña, CEIP Curros Enríquez de Ourense e CEIP Curros Enríquez de Celanova. Tras a recepción na Praza Maior, todos xuntos percorreron a vila para coñecer os lugares máis emblemáticos. Ao longo da mañana, todos os escolares participaron en concertos didácticos de órgano que organiza o Concello de Celanova en colaboración coa Xunta de Galicia e realizaron as visitas á Casa dos Poetas e a capela de San Miguel. Xa pola tarde centráronse en coñecer a obra dos autores de Celanova e dos arredores de Celanova. Non faltou un xantar de convivencia e a visita a Vilanova dos Infantes e Castromao.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar