AULAS ABERTAS

Creacións naturais e coplas, nos Maios

P4283424_result

Escolares do Padre Feijoo amosaron as súas creacións no Campo de A Barreira, na festa da primavera

O Campo de A Barreira de Allariz acolleu recentemente unha nova edición da súa tradicional Festa dos Maios. Entre os grupos de participantes que acudiron a esta gran festa da primavera destacou a participación do alumnado do Colexio Padre Feijoo da vila alaricana. Os escolares do centro presentaron un total de catro magníficos traballos cos que sorprenderon a todos os asistentes. Así, o “Maio do Mar”, foi un traballo realizado polos nenos e nenas de Educación Infantil; o “Maio das Flores”, correu a cargo do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria; “O Cruceiro Bulideiro”, foi un estupendo traballo dos escolares de 3º e 4º de Primaria; e o “Maio Alaricano”, elaborado polos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria. 

A presentación dos maios completouse, como ven sendo habitual cada edición, coa lectura de coplas satíricas, centradas tanto na vida escolar como en temas de actualidade. A Festa dos Maios volveu ser un éxito en Allariz, onde nenos e maiores gozaron dunha fantástica celebración amenizada polo Grupo de Gaitas do Centro Sociocomunitario de Xinzo de Limia.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar