ceip manuel respino

Creativa e innovadora divulgación do idioma

IMG-20181031-WA0019_result
photo_camera Os cativos falaron ante as cámaras de Telemiño do moito que lles gusta esta festa.

No CEIP Manuel Respino parten sempre da contorna á hora de organizar as actividades e implican a toda a comunidade

A celebración do Samaín/Halloween no CEIP Manuel Respino de A Rúa súmase a moitas outras conmemoracións que organizan ao longo do curso. Todas as actividades programadas neste colexio van encamiñadas a potenciar e divulgar o galego de maneira innovadora e creativa, partindo sempre da contorna onde se atopan e facendo especial fincapé na participación e implicación da comunidade educativa. Deste xeito, unha eficiente labor conxunta, por parte de todos e todas poderá verse recompensada con froitíferos resultados na ardua e gratificante tarefa de educar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma