XORNAL ESCOLAR

Cultivo de alimentos sans para Manchiñas

20190524122428765_result
photo_camera Nestes días de calor é importante regar ben os cultivos.

Escolares do CPI Teras de Maside e residentes da Casa Grande compartiron unha fantástica actividade no horto escolar 

Son moitas as actividades que durante o curso escolar comparten os escolares do CPI Terras de Maside e os residentes da Residencia Casa Grande do municipio. Gozan xuntos de festas, actividades didácticas e manualidades, entre moitas outras propostas.

Agora, en primavera, é época  de sementeira, por iso no CPI Terras de Maside, alumnado e residentes da Residencia Casa Grande de Maside puxéronse mans a obra para coidar deste espazo que todos atenden con sumo mimo.

Deste xeito, maiores e pequenos traballaron todos xuntos sementando amorodos, pementos, tomates e verzas para que Manchiñas, a mascota do colexio poida comer san. O mellor de todo, son os momentos compartidos entre maiores e pequenos tan gratificantes para todos. 

Estes días o horto dos escolares de Maside loce máis fermoso ca nunca e todo é posible gracias a un traballo conxunto que resulta ser tamén unha fantástica aprendizaxe.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?