AUGAESCOLA- VIAQUA

O día a día no laboratorio da Etap

20170923121249578_result
photo_camera Escolares do colexio Concepción Arenal latricaron sobre un Ourense máis positivo no que é posible unha mobilidade intelixente e unha convivencia de todos respetando as normas.

Os técnicos analizan diariamente mostras de auga potable da cidade de Ourense

Cada semana, o programa Xornal Escolar de Telemiño conta cunha sección adicada a AugaEscola. Os escolares están a ter unha parte moi activa nesta temática xa que están a aprender moitas cousas interesantes relacionadas co uso axeitado da auga ou algo tan importante como saber interpretar unha factura. As vindeiras dúas semanas no Xornal Escolar de Telemiño achegarán aos espectadores os traballos que Viaqua realiza no laboratorio de potables. No laboratorio da Etap (Estaciones de Tratamiento de Agua Potable),  en Coiñás, os técnicos analizan as mostras de auga potable da cidade de Ourense. Estas mostras pódense dividir en Mostras de Contros, controlan que toda a auga distribuída esté en perfectas condicións; Mostra de grifo a consumidor, aquelas que se toman nos grifos dos usuarios; Mostras organolépticos, esto é aquelas que se realizan de forma máis continua para evaluar a calidade da auga na rede de distribución de Ourense; e as Mostras de cloro diarias, que se realizan todos os días do ano, en dous puntos da rede de distribución e en todos os depósitos da cidade.

LATRICAR
Outras das sección do Xornal Escolar e que é nova este curso é a de Latricar. Os nenos e nenas darán a súa opinión sobre temas de actualidade ou de interese xeral.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar