XORNAL ESCOLAR

Do local ao global, por un estudo universal

xornal escolar
photo_camera Pepe "Barbo" visitou o colexio de A Peroxa e compartiu cos escolares numerosas actividades.

No colexio de A Peroxa traballan por unha formación integral do alumnado con actividades e proxectos de interese e actualidade

O Concello de A Peroxa contan cun centro de ensino ubicado nun espazo privilexiado, rodeado de zonas verdes e cunha metodoloxía educativa moi clara, traballar localmente para aprender a vivir dun xeito global. 

22 escolares de Infantil e Primaria están a formarse este curso neste centro educativo no que contan con tres profesores a xornada completa e dous itinerantes. 

Esta escola do rural que tanta vida lle da a este municipio ourensá leva a cabo unha intensa actividade de aprendizaxe na que se incide nunha educación personalizada, unha relación próxima co profesorado para que cada alumno poida desenrolar ao máximo as súas capacidades, a promoción da lectura, talleres de reciclaxe e compostaxe pensando sempre no futuro e unha educación e igualdade. 

Ademais e como dato importante, o feito de traballar dun xeito personalizado permite seguir os avances e problemas que lle poidan xurdir aos escolares desde o primeiro momento. Este e outros factores son determinantes para acadar o que no CEIP Roberto Blanco Torres é unha realidade, 0% de casos de bullying escolar. 

O papel da ANPA do centro é moi importante porque está integrado por un grupo moi activo que traballa arreo para ofertarlle aos escolares todo tipo de actividades e servizos cada curso. Un dos programas extra do centro é "A Peroxa madruga" e o servizo "Enrédate con nós". ambos de conciliación para que aquelas familias madrugadoras e aquelas que teñan dificultade para conciliar a vida laboral e  familiar atopen a solución con dúas propostas que se lles brindan no propio centro educativo.

O Concello de A Peroxa tamén conta cun papel moi activo e implícase no bo funcionamento deste colexio do rural. Este ano, todos os venres, oferta de balde para os escolares a actividade de natación, con servizo de transporte desde o propio colexio. 

Outros dos servizos cos que conta o centro é o comedor escolar.

No tocante ás celebracións, nunca faltan actividades especiais neste colexio con motivo do Día da Biblioteca, un dos espazos de referencia no centro, en Samaín, no Magosto, polo Día da Paz, no Entroido, nas Letras Galegas, etcétera.

O mundo da radio non é descoñecido para os escolares de A Peroxa, xa que no propio centro contan cun Taller de Radio Escolar, onde gravan os seus propios programas e participan moi activamente nunha actividade que ademais de encantarlle é moi positiva para moitos aspectos fundamentais da súa formación como falar en público, improvisar, traballar en equipo, etcétera.


Proxectos


Ademais das actividades que se levan a cabo con motivo de celebracións especiais, no CEIP Roberto Blanco Torres implícanse cada curso en diferentes proxectos cos que os escolares reforzan conceptos aprendidos previamente na aula, aprenden cousas novas e profundan en aspectos fundamentais para a súa formación integral. 

Desde xeito, este curso están inmersos nun proxecto medioambiental denominado "Trabajando cara el futuro, para un planeta más sostenible", co que reciclan desde a aula, separando papel, plástico e materia orgánica. Dentro desta actividade ademais composta e contan cun viveiro forestal no que plantan carballos e castiñeiros e para o que utilizan o composta. 

Outro dos proxectos destacado do curso neste colexio de A Peroxa é de animación á lectura, baixo a denominación "Vivimos los libros. La lectura nos hace más libres". Celebran así o Día da Biblioteca, o Día das Letras Galegas, da Poesía, do Libro ou o Día de Rosalía e os libros e a lectura xogan un papel fundamental no seu día a día. 

Por último, recentemente organizaron unha xornada de portas abertas coa participación de Pepe "Barbo", que recolleu aos nenos e nenas do PAI, xunto aos seus pais e nais, para camiñar xuntos ata o colexio e coñecer as instalacións dun centro de ensino que pode ser a opción perfecta para a formación duns nenos e nenas para os que o rural, os valores e o traballo en equipo son fundamentais.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma