Concurso escolar

Dous podcast con premio

photo_camera El monasterio de Santa Cristina, en Parada de Sil, acogió la entrega de los premios de redacción, dibujo y podcast "A Ribeira Sacra", organizados por La Región. Los ganadores además pudieron hacer una viaje en catamarán por el Sil.
Alumnos de Cea e Mende gozaron dunha xornada na Ribeira Sacra como gañadores do concurso de La Región

“Os viaxeiros do tempo na Ribeira Sacra” e “Saber e sabor, na Ribeira Sacra, mellor” son os títulos dos dous podcast que resultaron gañadores no concurso convocado por La Región e a Xunta de Galicia a comezos deste curso escolar. Locutados polos alumnos de primeiro de ESO do Virxe da Saleta de Cea e os de cuarto de Primaria do José García de Mende, os seus protagonistas puideron finalmente gozar do seu premio: unha xornada lúdica nos escenarios históricos dos seus relatos.

A xornada comezou no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, onde os agardaban os representantes das institucións convocantes para facerlles entrega do diploma que acredita a calidade dos seus traballos. A segunda parada sería o embarcadoiro de San Esteban de Ribas de Sil, a onde chegaron despois de percorrer un dos conxuntos monásticos máis especiais de Galicia. 

Montados xa no catamarán, as augas do Sil guiáronos nunha viaxe para afondar na especial orografía da zona. Acompañados polos monitores de Ociosaugal, non faltaron os momentos de diversión, que continuaron no entorno de Luíntra, onde comeron e finalizaron a xornada cunha chea de xogos. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar