Xornal Escolar

Consellos para lograr un mundo sen plásticos

Os Ecovixiantes de Franciscanas ofrecen unha serie de accións para reducir a cantidade de plásticos que xeramos

Por "plásticos" entendemos aqueles  materiais compostos por resinas, proteínas e outras sustancias; doadamente moldeables; e modificables de xeito permanente a certa compresión e temperatura.

Son polímeros moldeados por presión e calor; resistentes á degradación e son lixeiros. (Polímeros naturais: almidón, seda, celulosa, ADN... Polimeros sintéticos: nailon ou baquelita)

Son populares: teñen un custo reducido de fabricación, resistencia ó deterioro, impermeabilidade, as rechamantes cores que teñen...Mais algúns non son susceptibles de reciclaxe, e contribúen á contaminación; liberan sustancias tóxicas con unha calor excesiva. Tipos:

1.- Tereftalato de Polietileno (PET): Ríxido, duro, moi resitente . Aplicacións: envase de zume, bebidas gaseosas, aceites comestibles, medicamentos e xaropes

2.- Polietileno de Alta Densidade (PEAD): Incoloro, translúcido e sólido. Aplicacións: tuberías para subministrar  auga potable, envases, utensilios de cociña, xoguetes, cascos, partes das próteses, impermeabilizar piscinas .

3.- Polietileno de baixa densidade (PEBD): Aplicacións: fabricación de bolsas, plásticos para invernadeiros, xoguetes, botellas ou pratos e cubertos. 

Decotío atopamos plástico en calquera parte: na nosa comida, nos produtos de hixiene, no noso automóbil, ordenador, ou nos chicles que mastigamos camiño da escola o no cinema. Aínda que son vendidos como reciclables, denomínanse downcycled, elemento de menor calidade; por exemplo, un tetrabrik.

 Os residuos plásticos acaban por desgracia en vertedoiros, praias, ríos ou mares. A Grande Mancha do Pacífico é xa un remuíño do tamaño dun continente, no que o plástico supera o placton. E debemos saber que o plástico ven do petróleo.



Accións para reducir a cantidade de plásticos que xeramos


1. Non ás palliñas de plástico. 

Aniversarios dos rapaces/zas, tomar algo nun bar... leva a túa reciclable de aceiro inoxidable.

2. Utiliza bolsas reciclables.

Calcúlase uns 1000 anos para a degradación dunha bolsa plástica. As de nilon ou poliéster levan plástico. Leva a túa propia bolsa ou unha de algodón.

3. Evita  os chicles. Mascando un chicle mascamos plástico. Antigamente procedían da goma natural da árbore do chicle. Agora levan polietileno e acetato de polivinilo. (Reflexión sobre os chicles nas beirarrúas, no patio do Colexio ou Instituto.

4. Merca caixas, non botellas. Refírome sobre todo a deterxente ou lavalouzas; mellor en caixas de cartón, máis doado de reciclar.

5. Merca alimentos a granel. Hai tendas que venden alimentos a granel; xa sexa arroz, pasta ou noces, etc. Leva a túa propia bolsa ou taper e aforra diñeiro e plástico innecesario.

6. Reutiliza envases de vidro. Mercar mellor nestes envases que de plástico: lavados despois servirán para mercar a granel ou almecenar; pero incluso, sobrantes de plástico como manteigas ou iogures poden valer tamén para outros usos.

7. Emprega botellas e vasos reutilizables.

8. Emprega mistos no canto de chisqueiros de plástico.

9. Fóra alimentos conxelados. 

Imos comer alimentos moito menos procesados e evitaremos produtos químicos nos seus envases de plástico.

10. Non empregues utensilios de cociña plásticos. Reducirás a túa pegada de carbono. A pegada de carbono é a cantidade de emisións, de gases de efecto invernadeiro, que produce o ser humano cando fabrica un produto ou realizas actividades decote; exprésase en toneladas de CO2 emitidas. Podemos valoralos nosos hábitos de consumo enerxético: no fogar (electrodomésticos), no transporte (km/automóbil), hábitos de consumo (alimentos ecolóxicos, de proximidade, envasados...).

11. Reutiliza envases. Se mercas cereixas ou tomatiños no mercado, leva o teu propio recipente para enchelo de foita ou verdura. 

12. Cueiros de tea. Non soamente reducirás a pegada de carbono senón que aforrarás diñeiro.  

13. Non merques zumes envasados. Fai os teus propios zumes recén exprimidos; ou come froita fresca. Reducirás o consumo de plástico e será moi bo para a túa saúde. 

14. Ollo cos productos de limpeza. Non é necesario o uso de múltiples botellas de plástico para limpar chans, baños ou fiestras. Productos como o bicarbonato de sodio ou o vinagre son sustitutos xeniais. Por tanto, libera algo de espazo, aforra algo de diñeiro e evita productos químicos tóxicos ó facer os teus propios productos de limpeza.

15. Prepara a comida de forma correcta. Se a túa neveira está chea de recipentes de plástico... hai que facer cambios. Recepentes reutilizables para bocatas; opta por mercar froita fresca e a granel como iogures.

EN RESUMO: Hai que esquecer adquirir produtos rexeitables: panos de tea no canto de panos de papel; panos de cociña (baieta), no canto de papel de cociña; menaxe e vaixela tradicional, que podemos lavar, mellor que cuberterías plásticas; e nada de palliñas. Reduce o emprego de botellas de plástico, e no caso de mercalas, deixáas no contedor amarelo. Merca botellas de vidro ou garrafas de varios litros. Sustitúe a botella pequena de auga por cantimploras ou botellas deportivas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar