O meu cole chámase...

Eduardo Barreiros

Dende neno entre motores

xornalescolar_2311_barreiros_02

Nogueira de Ramuín é o municipio que viu nacer a Eduardo Barreiros no ano 1919. Sendo pequeno acompañaba ó seu pai na liña de autobús na que traballaba unindo Os Peares coa capital ourensá. Con 12 anos, deixou os estudos para axudar como revisor neste traxecto, comezando así a súa fonda relación co mundo da automoción. Moi pronto, os motores deixaron de ter segredos para el, de xeito que a súa vida empresarial quedou ligada para sempre ás catro rodas. Eduardo Barreiros faleceu na Habana (Cuba) en 1992 convertido nun dos grandes empresarios da historia de España.

De gasolina a diésel


OURENSE (QUINTELA DE CANEDO). 03/10/2019. OURENSE. Nave particular donde guardan varios coches fabricados por Barreiros. FOTO: ÓSCAR PINAL

As grandes habilidades que dende neno demostrou Eduardo Barreiros no campo da mecánica levárono a deseñar o grande invento polo que pasaría á historia: a transformación patentada dos motores de gasolina a diésel. Tal foi o éxito desta invención que fundou a empresa Barreiros Diésel a mediados dos anos 40 en Ourense. A comezos da seguinte década estableceuse en Madrid converténdose no maior empresario do sector automovilístico da época.  No ano 2007 gravouse un documental sobre a súa vida titulado “Barreiros, motor humano”.

Importante legado

xornalescolar_2311_barreiros_03

Hoxe, dúas décadas despois do seu falecemento, Eduardo Barreiros continúa a ter unha fonda pegada na sociedade ourensá. Ademais da fundación que leva o seu nome, existe tamén un museo sobre o seu traballo en Madrid e un Club Barreirista que reúne amantes dos coches do empresario ourensán. A nivel educativo, o nome de Eduardo Barreiros foi o elixido para o centro de Formación Profesional que está previsto que abra proximamente para ofrecer estudos formativos medios e superiores, situado no entorno de Mariñamansa da cidade de Ourense.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar