XORNAL SECOLAR

Educación na igualdade do CEE Pino

Motivación, imaxinación ou creatividade son algúns dos obxectivos nos que se traballa no CEE O Pino cunha metodoloxía activa que ademais busca a  participación e o fomento da comunicación

Nas proximidades da cidade de Ourense está ubicado o CEE O Pino, rodeado de espazos verdes e cun amplo patio que acolle moitas das actividades que se programan durante todo o curso. O CEE O Pino é un centro de ensino que acolle alumnado dos 12 aos 21 anos de idade que presentan algún tipo de discapacidade psíquica ou sensorial. A filosofía do centro xira en torno á procura da aceptación, da autonomía e da felicidade; tres factores claves na formación do alumnado nos que se traballa día a día en cada unha das actividades, proxectos ou programas que comparten.

O profesorado, integrado por un magnífico equipo de profesionais moi implicados na formación integral do alumnado, preparan a cada escolar para acadar valores e actitudes para a súa vida. No CEE O Pino é moito máis que aprendizaxe, estamos a falar de formación para a vida, para o día a día para todos os ámbitos.

A través dun currículo funcional pretenden acadar o desenvolvemento persoal, a autorregulación, así como o equilibrio emocional de cada un dos mozos e mozas que cursan os seus estudos no CEE O Pino. Os centros de interese e os obradoiros complementan o traballo de aula nas áreas instrumentais básicas. Así, contan con carpintaría, tecnoloxía, habilidades da vida diaria, robótica e plástica. A formación nesta áreas compleméntase á súa vez con outras propostas que escolares e profesorado comparten ao longo de todo o curso, actividades cun carácter máis lúdico, coincidindo con datas sinaladas do calendario, pero que non deixan de ser base de aprendizaxe e de formación en valores. É o caso das conmemoracións de Nadal, do Entroido, das saídas e visitas culturais, da participación en concursos e proxectos. En definitiva, numerosas propostas paralelas que, ademais de resultar do máis atractivas para os escolares, seguen a ser medios para chegar a un óptimo fin, o da formación para a vida.


Metolodoxía activa


A metodoloxía empregada no CEE O Pino ao longo do proceso de formación, caracterízase por ser activa, colaborativa, e creativa. Permitindo manter un alto grado de motivación do alumnado e do profesorado. Esta motivación é clave á hora de acadar os obxectivos de cada proposta: se os alumnos e alumnas están motivados e lles gusta o que están a facer, os resultados sempre son máis frutíferos en todos os aspectos. 

A coeducación ou a educación na igualdade está presente no seu día a día xa que é un piar básico no proceso de ensino aprendizaxe. O respeto e aceptación son aspectos prioritarios a fomentar e no CEE O Pino levan xa moitos anos incidindo nestes factores claves da educación. Coeducar significa non establecer relacións de dominio que supediten un sexo ao outro, senón incorporar en igualdade de condicións as realidades e a historia de homes e mulleres e homes para educar en igualdade desde a diferencia e no CEE O Pino esta metodoloxía é unha realidade dende hai moitos anos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma