XORNAL ESCOLAR

Por unha educación plural e diversa

20190408105820703_result

No IES Nº1 hai un alto índice de aprobados en todos os niveis. O ano pasado, a media de alumnos que pasaron ao curso seguinte superou o 90%

Nun ambiente de tranquilidade e amizade, acolledor e rodeado de vexetación, atópase na vila do Arenteiro o IES Nº1, un centro educativo que pasou de ser orixinariamente un monte improdutivo ao que é hoxe, o espazo perfecto para a formación integral dos 300 alumnos e alumnas que o conforman na actualidade.

Cunhas instalacións modernas, que se reparten en varias aulas de informática, perfectamente dotadas; aulas de tecnoloxía, con sección de robótica e impresión 3D; unha amplísima e moi ben dotada biblioteca, aulas grandes con pantallas dixitais e proxector, pavillón de deportes e ximnasio, así como unha cafetería para os momentos de esparcemento. 

Ademais dos espazos cerrados, o alumnado ten á súa disposición unha ampla zona verde ideal para os momentos de descanso, onde poden pasear e dialogar amigablemente, pero tamén xogar ao ping-pong ou ao futbolín.

Ao falar de proxectos nos que están inmersos no IES Nº1 non se pode falar soamente dun, xa que unha das máximas deste centro é tentar cubrir todas as expectativas do alumnado e así, cada ano, realízanse actividades de todo tipo en función das necesidades que se presentan en cada curso ou no global do alumnado do centro.

Así, esta última etapa destacaron propostas como as colaboracións con diversos organismos, como Cruz Vermella, a Garda Civil ou o Concello de Carballiño, e tamén con outros colexios da contorna.

Cun carácter máis académico, destacan diversas conferencias e faladoiros sobre temas de interese e actualidade, relacionados á súa vez coas distintas materias do currículo. Así, trataron temas como a igualdade, a evolución do movemento obreiro, o parlamento e estudaron autores galegos de hoxe.

De carácter lúdico-didáctico participaron en propostas como a asistencia a concertos e obras de teatro, competicións deportivas fóra do centro, visitas a cidades galegas, etcétera. Como cada ano, celebraron no centro o Magosto, participaron en xogos tradicionais e realizaron os festivais de Entroido e Nadal. 

Relacionado coa ciencia e a tecnoloxía, visitaron a parques eólicos experimentais, a fábricas, realizaron diversos experimentos, participaron en concursos de robótica, etcétera. No tocante á conservación do medio, participaron nunha proposta de recollida de pilas, na plantación e mantemento de árbores ou a fabricación e colocación de biorrefuxios. 

Outro tipo de actividades fan referencia aos concursos no que participa o alumnado do centro. Nos últimos anos foron gañadores de varios deles como o Concurso de Relato Curto de Coca Cola, o Concurso de Regueifas ou do Club de Debate, todos eles de ámbito autonómico.

Para completar as actividades, este curso aínda lles queda pendente realizar unha viaxe cultural a Sevilla, a Alhambra de Granada e a Mezquita de Córdoba. Tamén asistirán a varias obras de teatro en Vigo e Ourense; á presentación de libros (a ex-alumna do Centro Laura Novelle presentará o seu  libro) ou ao acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato.


Resultados académicos


O IES Nº1 é un centro que xa leva moitos anos obtendo excelentes resultados académicos, antes nas probas de Selectividade a agora nas ABAU. Sitúanse a miúdo entre os 4 ou 5 mellores de Galicia. Case todos os anos, e este tamén, teñen alumnos e alumnas que reciben o Premio Extraordinario de Bacharelato ou o Premio Extraordinario da ESO. 

No IES Nº 1, ademais, hai un alto índice de aprobados en todos os niveis. O ano pasado, por exemplo, a media do alumnado que pasou ao curso seguinte superou o 90%.

Estes resultados son a consecuencia da contribución fundamental do propio alumnado, a axuda inestimable dos seus pais e nais e a existencia dun claustro de profesores no que se combinan veteranía e xuventude.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma