Xornal Escolar

Educar na igualdade é preciso desde a escola

Xornal Escolar

XORNAL ESCOLAR

Educar na igualdade é preciso desde a escola

Un grupo de mozas analizan a publicidade no que se refire a temas de igualdade entre homes e mulleres.
photo_cameraUn grupo de mozas analizan a publicidade no que se refire a temas de igualdade entre homes e mulleres.

O programa de Telemiño inclúe, na sección AugaEscola, unha cata de augas celebrada recentemente con chamativos resultados

A igualdade entre homes e mulleres é o tema central do Xornal Escolar de Telemiño desta semana. As cámaras desprazáronse a Xinzo de Limia, concretamente ao IES Cidade de Antioquía, onde están inmersos no programa "Igualdad de género. Igualdad real y efectiva entre mujeres y hombres". O proxecto que se está a desenvolver durante todo o curso inclúe actividades do máis interesantes. No Xornal Escolar incluiranse boa parte delas.


Prensa


A sección prensa da semana busca reflexionar sobre o tema da publicidade, tamén relacionada co tema central do Xornal Escolar desta semana, esto é a igualdade entre homes e mulleres. Un grupo de alumnas reflexionan e poñen exemplos concretos da influencia da publicidade á hora de vender productos para homes e para mulleres, dos métodos que empregan e dos resultados que se obteñen.


Latricar


A sección latricar desta semana inclúe unha importante reflexión dunha moza, Antía, que fala da importancia de educar en igualdade desde cativos e cativas. Esta defensora e referente do feminismo asegura que este tipo de educación debería estar moi presente na escola.


Augaescola


A sección semanal de Viaqua, AugaEscola, recolle unha cata de augas que recentemente se celebrou na Etap de Coiñas, conducida por técnicas. A intervención iniciouna Santi Rodríguez, biólogo e técnico de Viaqua, que introduciu o tema falando do abastecemento da auga da nosa cidade e resaltando a calidade na nosa auga. A seguinte intevención foi a cargo de Rosa Martínez, técnica do laboratorio, que explica como se realiza a cata. Preséntanse catro tipos de auga a cegas e a idea é clasificalas. Para elo hai que ter en conta o aspecto visual, olfativo e gustativo.  Posteriormente as valoraron do 1 ao 4, de menos a máis rica. Non deixedes de ver os resultados no Xornal Escolar xa que son do máis curiosos e sorprendentes.

 Para pechar o programa desta semana, emitiranse uns minutos do documental que visionaron os escolares do IES Cidade de Antioquía, "Entre mis piernas mando yo".