cole a cole

Encontro con libros vivintes

As bibliotecas vivintes achegan experiencias de persoas con singulares historias de vida ou que posúan determinados coñecementos que difunden e comparten a través da interación

A Concellería de Educación do Concello de Ourense presenta cada curso un amplo abano de actividades dentro do bloque adicado á animación á lectura. Distintos escenarios e destinatarios de todos os niveis educativos poden participar nas propostas didácticas que lles brindan. Estas actividades teñen un claro obxectivo: que a lectura comece a ser un hábito na etapa escolar. Con este tipo de proxectos o que se pretende é tamén implicar ao profesorado na motivación pola lectura dos seus alumnos, que este á vez vexan nos libros algo diferente a un "Obxecto para o estudo", axudar ao profesorado na elaboración de materiais para a lectura, intercambiar experiencias entre os distintos centros educativos e ofrecerlle aos escolares actividades de carácter lúdico que partan dos libros. 

Así e para acadar estos obxectivos, desde a Concellería de Educación propoñen atractivas propostas e actividades como contacontos, visitas guiadas ás bibliotecas municipais, tertulias en galego, exposicións de animación á lectura, encontros con autores de libro e moitas outras actividades didácticas. Unha das actividades de animación á lectura máis recente foi a denominada Bibliotecas Vivintes, una iniciativa pensada para escolares de ESO e 1º de Bacharelato. 


Recopilación de experiencias


Unha Biblioteca Vivinte é un espacio no que os libros son persoas. Estas persoas son as encargadas de compartir historias singulares de vida ou coñecementos específicos que difunden a súa experiencia a través da interación, entrevistas e diálogo cos usuarios e usuarias deste espazo. É importante ter en conta que para ser un libro vivinte no é preciso ser unha eminencia ou un recoñecido estudoso, soamente é preciso estar en posesión e compartir experiencias vitais ou saberes cos que se pode ilustrar a outra persoa ou persoas que sinten a curiosidade por saber de determinados campos.

As Bibliotecas Vivintes neceron en Dinamarca, no ano 2000 e se promoven polo Consello de Europa desde o ano 2001 como ferramenta de educación intercultural. Trátase así dun fenómeno que comeza a propagarse polo mundo. Esta iniciativa da Concellería de Educación é innovadora no contexto galego e permite dinamizar espacios para a lectura e o coñecemento, dun maneira vivencial e participativa. Trátase dun encontro de alumnado con libros vivos (persoas) que contan interesantes experiencias vinculadas ao uso da lingua.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar