XORNAL ESCOLAR

Unha escola que o ten todo

OURENSE. 29.01.2016 ESCUELA INFANTIL SANTA CRUZ, REPORTAJE XORNAL ESCOLAR. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Los escolares de Santa Cruz con la responsable del centro Carmen Alonso.

Na escola de educación infantil de santa cruz buscan incrementar o número de alumnos de cara ao vindeiro curso, o prazo de reserva de praza será do 1 ao 28 de marzo

No Concello de San Cibrao das Viñas está ubicada a Escola de Educación Infantil Santa Cruz, un centro moi ben equipado e cos medios tecnolóxicos máis punteiros do momento. Carmen Alonso é a responsabe desta escola e quen mellor nos pode falar das vantaxes que ofrece  un centro destas características.

Que ten esta escola que non teñan outros centros de ensino de Infantil?

Moitas cousas. Eu que traballo día a día creo que todo son vantaxes. O reducido número de alumnos permite unha atención personalizada e un contacto moi próximo cos pais. Ademais, calquer contratempo ou dificultade dun alumno o profesor pode detectalo inmediatamente e esto é moi positivo para poder axudalo en todo o que precise. 

Están todos os alumnos nunha mesma aula, como se imparten as materias?

É moi doado e considero á vez que moi froitífero. Traballamos todos xuntos nun mesmo tema e segundo a idade de cada alumno, se lle pide que realice uns exercicios ou outros, axeitados sempre ao curso e idade dos cativos. Traballar así permite que os máis cativos non teñan límites á hora de aprender e os maiores adquiran coñecementos máis avanzados, pero repasando sempre os aspectos básicos.

De cara ao vindeiro curso estades pensando en mellorar aínda máis os voso servicios, en que consiste esta mellora?

É certo. Se hai suficiente demanda, incluiremos un servizo de atención temperá e abriremos antes as nosas instalacións co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. De feito este centro adáptase sempre ás necesidades das familias. Se o precisan poden vir a buscar aos seus fillos antes ou ben traerlos un pouco máis tarde, xa que somos conscientes do difícil que resulta moitas veces adaptarse aos horarios.

Poñédelo moi doado ás familias, cal será entonces o motivo polo que non acoden máis escolares a centros destas características?

Pois non o sei, quizáis o feito de non contar con transporte escolar ou ben por ter un horario continuado e deste xeito non dispor de comedor. Sen embargo, esta escola ten de todo, non lle falta detalle nin a nivel de equipamento, nin de instalacións ou tecnoloxía.

Incluso contades con varios profesores itinerante.

En esto tamén quero incidir xa que temos profesora de inglés que acode ao centro dous días á semana e está aquí catro horas. Ademais das clases de inglés correspondentes de cada curso, aproveita para impartirlles en inglés outras materias, moi semellante ao que se fan xa en outros centros con asignaturas como manualidades en inglés. Ademais contamos con profesora itinerante tamén de Audición e Linguaxe e de Relixión. 

Que opinan os escolares desta escola?

Encántalles. Unha vez que veñen a un centro de ensino destas características non o cambian por outro. Aquí os escolares están moi contentos e cómodos, como nas súas casas e coa vantaxe de aprender nun entorno privilexiado, como se se tratasen de clases particulares.ç

O Concello de San Cibrao colabora moito co voso centro, en que aspectos?

Forma parte da comunidade educativa, así que é moi activo con todas as necesidades que se nos presentan no centro. De feito, como comentaba anteriormente, o servicio de atención temperá que podría ser efectivo o vindeiro curso corre a cargo do Concello. Tamén se fai cargo do transporte cando facemos algúnha saída e de todos os gastos relacionados coas actividades extraescolares. 

Que lle diría vostede aos pais que pensan nesta escola para a educación dos seus fillos o vindeiro curso?

Que non o dubiden, que este centro ten de todo no tocante ao equipamento (pizarras dixitais, aulas de xogos, de ximnasia, de xuntanza, moito material manipulable, etc.) e que é o mellor centro para conciliar a vida laboral e familiar xa que se lles ofrecen todas as facilidades. Por último diría que o que teña interés que veña e que visite as nosas instalacións.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?