AULAS ABERTAS

Escolares expertos en Primeiros Auxilios

FB_IMG_1520259477434_result
photo_camera O momento práctico foi o máis interesante e os escolares prestáronse a participar activamente.

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organizou hai uns días un obradoiro no CEIP de Prácticas

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza, nos centros de ensino da cidade, un gran número de actividades didácticas con temáticas do máis variada e de interese xeral. Nesta ocasión, tratouse dunha amena charla sobre Primeiros Auxilios na que participou unha aula de Primaria do CEIP de Prácticas.

Unha experta na materia foi a encargada de informar ao alumnado de accións sinxelas coas que se pode axudar aos que o precisen e incluso salvar vidas. A actividade comezou cunha serie de conceptos teóricos, pero moi pronto se pasou á parte máis importante, á práctica.

Coa colaboración de varios alumnos, a monitora fixo varias demostracións para poder socorrer ás persoas de varios xeitos e según on seus problemas concretos. A actividade educativa foi un éxito xa que os propios alumnos aseguraron que aprenderon moitas cousas interesantes.

Te puede interesar