AULAS ABERTAS

Escolares moi activos ante as cámaras

IMG-20180301-WA0028_result
photo_camera Escolares do colexio San José "latrican" para o Xornal Escolar do que máis lle chamou a atención da súa visita ao Concello de Ourense.

O programa desta semana conta coa participación de alumnos de Josefinas, do Guillelme Brown e do CEIP O Couto

O Xornal Escolar de Telemiño desta semana preséntase cargado de actividades e cun contido do máis variado. Por unha parte recóllese a visita dun grupo de alumnos do colexio San José ao Salón de Plenos do Concello de Ourense, onde foron recibidos polo alcalde. Na sección AugaEscola de Viaqua, falarase da participación de escolares do colexio Guillelme Brown no evento First Lego League Galicia, celebrado recentemente en Ferrol. 


Ler a prensa


Escolares do CEIP O Couto son esta semana os encargados de ler a prensa e comentar ante as cámaras de Telemiño aquelas novas que máis lle chaman a atención. A prensa é para os escolares unha ferramenta á que recurren habitualmente na aula e, proba delo, é o ben que leron as novas e a soltura que amosaron á hora de comentalas.


Latricar


A sección Latricar desta semana gravouse no Salón de Plenos do Concello de Ourense. Alí, un grupo de escolares que participaron na actividade "Coñece a túa cidade" quixeron comentar ante as cámaras a visita que acaban de facer ao Concello. O que lles chamou especialmente a atención foi que se oficiaran bodas neste espazo da cidade. Tampouco sabían previamente que aos plenos poden acudir os cidadáns, eso si, poden facelo pero deben estar ben caladiños en todo momento. Esto tamén lles chamou moito a atención.


Alternativa de ocio


Nesta sección participa esta semana José Antonio Viñas, presidente de Queixumes dos Pinos. Presentou para o Xornal Escolar o programa de actividades do 2018 e tamén convidou aos nenos e familias a participar nas propostas xa que á hora de configurar o programa, pensan en nenos e adultos. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma