O CONCURSO DE TELEMIÑO

Escolares moi activos no plató

Telemiño. 16-12-16. Local. Grabación do programa do Xornal Escolar no plató de Telemiño do Ceip Tomás de Lemos de Ribadavia.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Grabación do programa do Xornal Escolar no plató de Telemiño do Ceip Tomás de Lemos de Ribadavia.

os alumnos e alumnas do CPI Tomás de Lemos de Ribadavia participaron no programa Xornal Escolar, onde presentaron o seu cole, as actividades que realizan e participaron no concurso

Escolares do CPI Tomás de Lemos de Ribadavia, acompañados polo director do centro, Víctor Fernández, estreáronse no plató de Telemiño para participar no programa Xornal Escolar. 

Antes de comezar co concurso, presentaron unha das múltiples actividades que levan a cabo cada curso no centro. Nesta ocasión a actividade escollida foi Volta a Prehistoria. Un grupo de arqueólogos foron os encargados de dirixir esta actividade e deste xeito, dun xeito ameno, os escolares entraron nunha cova para buscar as súas orixes. No video quedou moi clara a actividade na que participaron todos os alumnos do centro e coa que aprenderon moitas cousas interesantes.

ADIVIÑAS 
A primeira das probas para Víctor foi resolver unha serie de adiviñas. Días antes no colexio gravaron cada un dos acertixos e no plató, o director visionou as pistas e foi o encargado de resolver cada unha delas con éxito. 

LA REGIÓN NAS AULAS
Os alumnos do colexio de Ribadavia recurren ao xornal para estar informados e para traballar na aula. De feito, contan cun proxecto relacionado coa prensa e recurren moito a ela no seu día a día. Gústalles coñecer as noticias de Ribadavia e tamén as do deporte local que aproveitaron para ver o resultado do último partido do Francelos.

RONDA DE PREGUNTAS
Tras a lectura da prensa, comezou un dos momentos máis agardados. O momento das preguntas a Víctor. Os tres copresentadores foron os encargados de formular as preguntas.

Por que decidiches ser profesor?
Decidín ser profesor poque a miña mamá xa é profesora, os meus tíos son profesores e unha  bisavoa xa era profesora. Non só por eso quixen ser profesor, senón principalmente poque me encanta a docencia e é algo que vivín dende pequeno xunto a miña nai. 
Tes pensado facer máis actividades colectivas no centro?
Depende. Normalmente no  son eu quen as propón senón o profesorado e se vén algo interesante, como foi o caso da actividade da prehistoia xa o vamos vendo. As actividades van xurdindo así que todo pode ser.
Estás contento co resultado das nosas notas?
Como diría calquer profesor, estou contento pero sempre se pode facer máis. Pero sí, estou moi contento co traballo do profesorado e, particularmento do alumnado.

ALTERNATIVA DE OCIO
Tras o turno de preguntas, presentáronse unha serie de propostas, da man de Lito Prada, da Escola Popular Xoaquín Lourenzo da Deputación de Ourense para facer a fin de semana ou neses días nos que chove.
Antes de rematar o programa, o alumando do CPI Tomás de Lemos e o seu profesor cantaron o "Pirimpinpín" para despedirse.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar