HIPERACTIVOS

Os escolares de Ourense anímanse co teatro

moteces3_result

A Concellería de Educación organiza a Moteces 2018 coa participación de grupos de cinco centros de ensino da cidade

Os grupos de teatro de cinco centros educativos da cidade están a participar na XVII edición da Mostra de teatro escolar de ensino secundario Moteces 2018, que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense. Desde o xoves, día 3, e ata o este venres, 11 de maio, no salón de actos da Escola Municipal das Artes Escénicas actuarán os grupo do IES E. Blanco Amor, IES Lagoas, CPR Santo Ángel, CPR Divina Pastora e CPR Santa Teresa de Jesús, sempre ás 12,00 horas. 

Hoxe, tócalle o turno ao Grupo “Vedruna Teatro” do CPR Sta. Teresa de Jesús  coa obra “El Cartero del Rey” dirixida por Pablo Silva e como público asistente do IES Universidade Laboral, do CPR Cardenal Cisneros e do CPR Sto. Ángel.

O venres,  ao rematar a representación, en torno ás 13.00 horas, terá lugar a entrega dun agasallo a cada un dos grupos de  teatro participantes e tamén a entrega do premio á gañadora do VI Concurso de Deseño de Carteis da Moteces que é unha alumna de 4º de Eso do CPR Sto. Ángel.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?