DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Espectáculo teatral: "Un agasallo para Manuel María"

O venres ás 20.00 horas, Uxía e Magín Blanco presentarán Canta o cuco, un espectáculo para público familiar que mestura teatro e música cos poemas de Manuel María e no que participan con eles grandes artistas

Poesía, cancións, teatro, videopoemas e ilustración forman o variado ronsel de propostas para lembrar a Manuel María e a súa obra na Semana das Letras no Barco. Hoxe, a partir das 20.00 horas, o Teatro Lauro Olmo acollerá o espectáculo teatral, poético e musical  con Fantoches Baj titulado "Un agasallo para Manuel María", un delicado traballo de Inacio Vilariño e Benxa Otero para achegar ao espectador á vida e a poesía do autor chairego e á súa relación con outro grande poeta, contemporáneo e amigo seu: Uxío Novoneyra.

Mañá, ás 12.00 horas, o Teatro Lauro Olmo acollerá o acto  do resultado do concurso de videopoemas entre alumnos de Secundaria e Bacharelato, baixo o título de Un agasallo para Manuel María convocado pola Consellería de Cultura e Educación.

Para concluír, o venres ás 20.00 horas, Uxía e Magín Blanco presentarán Canta o cuco, un espectáculo para público familiar que mestura teatro e música cos poemas de Manuel María e no que participan con eles grandes artistas como Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo (músicos) e Inacio Vilariño (manipulador de monicreques).
Ademais, no vestíbulo do Teatro Lauro Olmo permanecerá exposta toda a semana a mostra As estacións de Manuel María do CEIP Condesa de Fenosa sobre a biografía e as creacións do escritor homenaxeado. Poderá ser visitada ata o día 22 de maio.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma