ciencia

O espírito científico lábrase nas aulas

Alejandra, Uxía, Anya e Gabriela, moi aplicadas co seu experimento.
photo_camera Alejandra, Uxía, Anya e Gabriela, moi aplicadas co seu experimento.

Nestas últimas semanas levaron a cabo dous experimentos destacados, o denominado "A auga que camiña" e "A salchicha momificada"

Escolares desde 1º de Primaria ata 1º de ESO do CPI de Padrenda-Crespos están este curso inmersos nun proxecto do Club de Ciencia. Nel levan traballando desde o mes de outubro e trátase dunha actividade de carácter voluntario que se realiza no recreo. Cada mes preséntase un novo experimento e nas portas da aula xa contan co seu "Calendario de Investigación", onde se anota o equipo científico que lle toca participar en cada quenda e a evolución de cada proxecto.

Nestas últimas semanas levaron a cabo dous experimentos destacados, o denominado "A auga que camiña" e "A salchicha momificada". O primeiro deles é no que están a traballar estes días e con el demostran dúas cousas: por unha banda que a auga pode ir cara arriba por efecto da capilaridade, e por outra como a mestura de cores primarias produce cores secundarias. No caso do experimento "A salchicha momificada", enterraron unha salchicha en bicarbonato e deixáronna tapada uns días, cando abriron os "sarcófagos" observaron os cambios producidos. Os cientifíficos do colexio de Padrenda-Crespos tomaron nota do peso, cor e as medidas da salchicha antes e despois.

Este proxecto está a espertar moito interese entre o alumnado, que agarda con entusiasmo cada novo experimento. A finalidade é clara, espertar neles o espírito científico e con el a paixón por coñecer, descubrir, experimentar e facerse preguntas, así como desenvolver habilidades para o traballo en equipo. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma