XORNAL ESCOLAR

Estilo de vida saudable

No Ceip Filomena Dato aumentan a autonomía dos estudantes nos desprazamentos ata o colexio e disminúen o número de vehículos que utilizan

O Ceip Filomena Dato situado na rúa do Ensino na Valenzá escolariza dúas etapas educativas: 2º ciclo de educación infantil (de 3 a 6 anos) e educación primaria (de 6 a 12 anos) con horario de xornada continuada de 9:15 a 14:15.

É un centro educativo con dezaoito anos de experiencia e estupendas instalacións.
Oferta unha ampla variedade de servizos: comedor escolar (cociña propia), servizo de gardería, almorzos escolares dende ás 7:30 á 9:15, sección bilingüe, aulas dixitais con pizarras interactivas, biblioteca escolar, patios cubertos, aula de psicomotricidade, actividades extraescolares organizadas polo concello de Barbadás e a Anpa do centro: informática, xadrez, inglés, manualidades, patinaxe, teatro, psicomotricidade, baile moderno...

Neste centro educativo 31 mestres e mestras traballan coa convicción de que o colexio é un lugar moi familiar que axuda aos estudanes a medrar día a día, sobre todo como persoas.  Unha escola inclusiva na que as familias son partícipes e teñen peso nos proxectos e actividades que se levan a cabo durante o curso escolar.
Están moi implicados nos proxectos do centro como o horto escolar e o plan Proxecta. Nesta ocasión, vamos a falar dun proxecto europeo que promove formas de mobilidade sostible. O centro está a participar dentro do Plan Proxecta: “Mobilidade sostible e segura”. É unha continuidade do que se traballou no curso anterior.

Este proxecto xurde coa intención de recuperar espazos para a infancia e solucionar  as dificultades que o alumnado ten para desprazarse sen acompañamento dos adultos ao colexio e así como para moverse e disfrutar libremente do xogo nas rúas de A Valenzá. Colaboran diferentes institucións: Concello, Policía Local, DGT, Medioambiente. Tratan de aumentar a autonomía dos estudantes nos desprazamentos ata o colexio e diminuír o número de vehículos que transportan ao alumnado e  profesorado ao centro.

A implicación, do equipo directivo e dos docentes, é fundamental para o desenvolvemento do proxecto, sendo os nenos/as os protagonistas principais, sen esquecer ás familias, as administracións locais e diferentes asociacións e entidades cidadáns. O proxecto contribúe a mellorar os estilos de vida saudables ao promover a actividade  física e evitaro o sedentarismo.

Por segundo curso consecutivo participan no “Xogo da Serpe”. Trátase dunha campaña europea eficaz e divertida, dirixida a estudantes do último curso de infantil e primaria que promove formas de mobilidade sostible no acceso ao colexio como: camiñar, pedalear, utilizar transporte público ou compartir coche. Como recoñecemento polo ben que se fixo o curso pasado e pola traxectoria do centro neste xogo, o colexio foi seleccionado e opta a un premio a nivel nacional. O pasado 31 de xaneiro recibiron a visita da responsable do xogo en España, Marta Román Rivas. Verémolo no programa de Telemiño, Xornal Escolar o 22 de marzo.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?