ESTE É O MEU COLEXIO

Estudantes comprometidos

No CEIP Plurilingüe Profesar Albino Núñez os estudantes mostraron orgullosos un centro moi dinámico

Na visita ao Ceip Plurilingüe Profesor Albino Núñez, os alumnos recibiron ás cámaras de Telemiño moi orgullosos do seu centro educativo e realizamos un vistoso percorrido polas instalacións do seu colexio: aulas perfectamente equipadas coas novas tecnoloxías que están presentes no día a día dos estudantes para adaptarse oas novos tempos, auxiliar de conversa que é de gran axuda para potenciar o uso do inglés, aula de psicomotricidade, cunha gran variedade de material específico que facilita o desenvolvemento dos máis cativos a través do xogo. Tamén visitamos o pavillón escolar que ten múltiples recursos. Sen dúbida o que máis nos sorprendeu foi o cuidado horto onde prantan patacas, tamen teñen invernadoiro, todo perfectamente traballado por mestres e alumnos. 

Encontramos un centro con novas obras como a instalación dun ascensor. Son un centro moi diámico que realiza un gran traballo en equipo para fomentar o gusto pola lectura dos seus alumno, tanto por parte do Equipo de Dinamización da Biblioteca, como a denominada “Hora de ler” diaria, están obtendomoi bos resultados. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma