Expertos en robótica pero tamén en traballo en equipo e creatividade

O profesor José Manuel Varela dirixiu o fantástico xornal de 6º de Primaria do Rogelio García Yáñez

A robótica centrou o traballo xornalístico dos alumnos de 6º de Primaria do colexio Rogelio García Yáñez. Tras propoñer varios temas, os escolares xunto ao seu profesor José Manuel Varela decantáronse por este tema tan actual e interesante. Unha vez decidido o tema, dividiron o traballo global en bloques e repartiron para que cada un dos escolares se encargase dunha parte. Fixeron as fotografías, buscaron información e redactaron como auténticos xornalistas. Para rematar, soamente quedaba unir e ubicar todas as partes e darlle forma, unha tarefa que definen como "moi divertida e complicada ao mesmo tempo".
Recibiron a nova de que eran os gañadores con moita ledicia, máis aínda sabendo que foron moitos os traballos presentados e todos eles cunha gran calidade. Trátase así da recompensa a todo o esforzo e ilusión que centraron neste proxecto.

José Manuel quería plantexar unha actividade moi divertida coa que os escolares puideran aprender moitas cousas sen precisar de libros. Engade que coa robótica aprenderon moitos contidos "relacionados coas matemáticas, as ciencias, al linguas, etcétera. Tamén aprendemos outros aspectos educativos como a creatividade, a imaxinación, ou o traballo en equipo", sinala o profesor. Desde o CEIP Rogelio García Yáñez animan aos centros de ensino a participar neste tipo de iniciativas e felicitan a todos os que participaron pola calidade dos traballos presentados. 
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma