Cole a cole

Exposición para achegarse á figura do Principiño

photo_camera Exposición O Principiño
A Biblioteca Pública acolle unha mostra sobre esta Universal figura para celebrar o Día do libro infantil

Co obxectivo de conmemorar o Día internacional do libro infantil, a Biblioteca Pública alberga unha exposición en torno á figura universal do Principiño. Nela preséntanse exemplares en distintas linguas e formatos desta obra global. Os exemplares proceden principalmente do fondo doado á Biblioteca por José Ramón Lorenzo Manso e por outras achegas de particulares. Tamén contará con diferentes libros e obxectos comercializados arredor do universo do pequeno Príncipe. Ademais na propia Biblioteca Pública está habilitado un centro de interese con libros prestables da propia obra para distintas idades e outros títulos para achegarse á figura do autor.

A exposición poderase visitar no andar baixo da Biblioteca dende ata o 24 de abril no horario de apertura do recinto, ubicado no conxunto de San Francisco para achegarse a esta figura literaria que traspasa xeracións.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar