La Región

MAIOS

A Festa dos Maios entusiasma en Allariz

O día da celebración este centro educativo da vila alaricana presentou os seus traballos no campo da Barreira

Os alumnos e alumnas de 5º, no momento de presentar as súas coplas no Campo da Barreira.
Os alumnos e alumnas de 5º, no momento de presentar as súas coplas no Campo da Barreira.
A Festa dos Maios entusiasma en Allariz

Semanas antes da gran celebración do Día dos Maios, os escolares de todas as etapas educativas do CEIP Padre Feijoo de Allariz xa comezaron a traballar arreo para presentan uns magníficos traballos.

O día da celebración este centro educativo da vila alaricana presentou os seus traballos no campo da Barreira. Foron catro magníficos Maios para aos que lles adicaron moito esforzo, moita imaxinación e gañas de realizar uns magníficos traballos. Así foi, o resultado non deixou a ninguén indiferente e todos os visitantes que acudiron ao recinto ficaron abraiados co bo facer destes cativos. 

Ademais de expoñer os maios no campo da Barreira, non faltou o tradicional canto de coplas cos que tanto se divirte os que os fan e os que os escoitan o día da festa. Un grupo de danza encargouse de completar esta cita festiva que volveu ser un éxito na vila alaricana o pasado xoves.

En Ourense a celebración foi o domingo e a rúa do Paseo da cidade encheuse de visitantes para admirar os numerosos maios de colectivos, asociacións, residencias e tamén de moitos centros educativos e de grupos de nenos. Tampouco faltaron  a coplas que arrancaron máis dun soriso entre os que se citaron para gozar desta fantástica festa de primavera.