XORNAL ESCOLAR

Fin das vacacións de relax total

photo_camera Os neno nas Pozas de Outariz.

Nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos partiron ao espacio termal nun medio de transporte moi particular e divertido

Foi unha semana moi intensa chea de actividades e propostas lúdicas para nenos e mozos de todas as idades. Dende Amencer organizaron un completo programa, baixo a denominación de "A Tope na Ponte Semana Santa" para celebrar por todo o alto estes días de vacacións que remataron este luns. Como colofón a tantas actividades tocaba descansar e que mellor lugar para facelo que as Pozas de Outariz.

Nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos partiron ao espacio termal nun medio de transporte moi particular e divertido, o tren turístico co que conta a cidade de Ourense. Ao chegar ao destino aproveitaron para bañarse e compartir xogos nas pozas de Outariz. Foi unha xornada estupenda, do máis relaxante e a mellor maneira de poñer o punto e final a unha intensa semana de vacacións chea de momentos de ocio.  Ao finalizar a actividade volveron a coller o tren turístico para voltar ao centro da cidade.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?