XORNAL ESCOLAR

Fomento dunha educación en valores

xornal escolar
photo_camera Conchi Pérez desprazouse a Carussa Baby para coñecer os sistemas de seguridade para nenos no coche.

Esta semana o programa de Telemiño recolle actividades que compartiron os escolares coa que se traballa nunha educación integral

Traballos en valores, literatura, cociña divertida ou seguridade vial centrarán esta semana o programa Xornal Escolar de Telemiño. O tema central será a actividade de animación Entrontos co autor na que participaron escolares de Primaria de diversos centros de ensino da cidade.

Latricar

Conchi Pérez "latrica" esta semana con Iria Misa, autora do libro que os escolares leron nesta ocasión con motivo da actividade Encontros co autor. Entre os múltiples aspectos que se trataron como consecuencia do libro, escolares e Iria Misa destacaron a importancia da empatía. 

Prensa

Un grupo de alumnos e alumnas do CEIP Mestre Vide de Ourense son esta semana os encargados de ler a prensa e comentar as novas que máis lles chamaron a atención publicadas en La Región.

Reportaxe

As cámaras de Telemiño quixeron ser testemuña dunha das actividades que cada semana se organiza na Asociación Xuvenil Amencer e que tanto éxito está a ter. Trátase do obradoiro de "Cociña divertida", onde se fomenta o traballo en equipo, a creatividade e moitos outros valores importante. Conchi e o seu equipo compartiron cun grupo de nenos esta actividade. Nesta ocasión estaban a preparar roliños de salchichas.

Escola de familias

Beni Bouzada, de Stop Accidentes, desprazouse a Carussa Baby co equipo de Telemiño para presentarnos, da man dun grupo de profesionais, as cadeiras homologadas e os espellos que facilitan a visión dos nenos nos coches no tempo que os adultos conducen.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar