XORNAL ESCOLAR

Formación para a vida

20180402103940687_result

No CEE O Pino, a metodoloxía é activa e buscan en todo momento acadar a participación, a motivación e o fomento da comunicación, imaxinación e creatividade do alumnado

Próximo ó centro urbano de Ourense, está o CEE O Pino, un centro que acolle alumnado dos 12 ós 21 anos de idade que presentan algún tipo de discapacidade psíquica ou sensorial. A filosofía xira ó redor da búsqueda da aceptación, da autonomía, da felicidade...etc. Forman ó alumnado para acadar valores e actitudes para a súa vida, a formación integral é o fin.

No tocante ós servizos contan cun comedor de xestión directa, con cociña propia. Os menús son equilibrados e empregan produtos naturais para acadar unha dieta saudable. Ademáis, tamén dispoñen de transporte escolar; pero para o alumnado da cidade poténciase o emprego do autobús urbano; é unha forma de fomentar a súa autonomía e independencia, e á vez unha forma de socialización.

No CEE O Pino apostan por unha atención individualizada e un clima familiar. O traballo divídese en puntos de interese e obradoiros que complementan o traballo de aula nas áreas instrumentais básicas. Así, dispoñen de carpintaría, aula de tecnoloxía, aula para traballar as habilidades da vida diaria, aula de informática e tics, aula de plástica e multidisciplinar.

A través dun currículo funcional pretenden acadar o desenvolvemento persoal, a autorregulación, e o equilibrio emocional do alumnado. A metodoloxía é activa e buscan acadar a participación, motivación e o fomento da comunicación, imaxinación e creatividade. 

Unha ferramenta valiosa é a innovación; por iso decidiron introducir a robótica educativa no currículum ofertado. Proxecto que comezou o curso pasado e que no actual seguen mellorando. Montáronse seis robots baseados no sistema arduino, son escornabots (modificados). O material didáctico busca a participación e o aproveitamento por parte do alumnado partindo da practicidade e tendo moito en conta a individualización das tarefas propostas. Os escolares participan en todas as fases do proceso de elaboración, sendo este aspecto moi enriquecedor. Este proxecto abrangue diversas temáticas, todas elas encamiñadas a acadar uns obxectivos específicos que consideran prioritarios e que reflicten as áreas que se traballan día a día no proceso de ensino – aprendizaxe.


Outros proxectos


Este curso está inmersos en diversos plans e programas como é o caso do Plan Director, das Meteoescolas, o Plan Proxecta, Bibliotecas Inclusicas ou Escolas Conectadas. O Proxecto Documental Anual Integrado no que están a traballar este curso escolar é sobre os fenómenos meteorolóxicos. Ademais, participan nunha serie de concursos, todos os que consideran que poden complementar a súa formación, é así unha canle para que o alumnado se exprese.
No tocante ás saídas didácticas e actividades complemetarias, cada curso participan en charlas, visitas, obradoiros, actividades deportivas, exposicións, concertos, teatro, cine, etcétera. 

Oportunidades únicas para mergullarse na cultura e para promover e animar ao alumnado a participar activamente coa súa contorna.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar