aulas abertas

Formación en valores e atractiva

A aprendizaxe global e aspectos claves como o esforzo ou o compañeirismo son unha prioridade no colexio de Cenlle

Ademais de traballar no horto escolar, en hábitos de vida saudable e compartir centos de experiencias con nenos doutros centros educativos, os escolares de Cenlle tamén contan con clubs de lectura. Os últimos xoves de cada mes organizan no recreo un club de lectura para o alumnado maior do cole, que se xunta na sala do profesorado e falan do que leron nese mes e as súas impresións sobre cada lectura. 

Os cativos de Infantil participan nas Matemáticas divertidas e viaxeiras. Os nenos levan para casa a fin de semana ademais dun libro, unas tarefas divertidas de matemáticas. Na aula traballan con diversos materiais que elaboraron o conteo, as cores, a atención, a memoria e se iniciaron na lectoescritura. 

No CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle contan cuns amigos moi especiais, son as Criaturas silenciosas cuxo cometido é axudar aos nenos e nenas a ter un bo comportamento, actitude e traballo na aula. Esta criaturas premian o seu esforzo a través de recompensas semanais ou mensuais.

Ademais das múltiples actividades complementarias, en Cenlle contan co tempo propio para cada materia onde se inclúen as actividades de manualidades, traballo con tablets, etcétera. Unha das novas que ten entusiasmado ao alumnado é que o próximo curso contarán cun novo espazo adicado á biblioteca, un lugar novo de traballo, xogo e lectura que agardan con moitas ganas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar