XORNAL ESCOLAR

Fusión de vivenzas e coñecementos

20190515125500875_result

a actividade na aula foi do máis participativa e os escolares formuláronlle aos maiores numerosas preguntas

Días antes da actividade, os escolares de 4º de ESO do colexio Padre Feijoo Zorelle buscaron nas súas casas información sobre como eran as escolas de antes. Elaboraron redacción, videos con entrevistas á familia, presentacións en power point e unha completa recopilación de datos para estar ben preparados para o día da visita dos voluntacios do Espazo+60 da cidade. Este últimos tamén acudiron equipadas con material escolar que tiñan ben gardado, enciclopedias, mapas, etcétera. Tras a presentación do material, dividíronse por grupos de un maior e cinco alumnos para realizar as actividades marcadas polo programa de Afundación, entre elas entrevistas, propostas de melloras e conclusións, onde elaboraron varios puntos importantes a mellorar nas escolas actuais.

A actividade organizada desde o departamento de Historia do colexio foi todo un éxito e tanto maiores como escolares estaban encantados co tempo que compartiron. Tanto é así que xa perfilan un novo encontro, xa que os mozos están a estudar o franquismo e encantaríalles complementar os seus coñecementos con anécdotas contatas polos maiores, que con tanto entusiasmo lles explican as súas vivenzas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar