La Región

COLE A COLE

O galego vive nas aulas da ESO

Escolares do IES Otero Pedrayo foron os representantes ourensáns do proxecto lingüístico que resultou ser todo un éxito

Grabación del programa de Xornal Escolar en el IES Otero Pedrayo por motivo del programa 21 días co Galego.
Grabación del programa de Xornal Escolar en el IES Otero Pedrayo por motivo del programa 21 días co Galego.
O galego vive nas aulas da ESO

O instituto Otero Pedrayo foi o centro ourensán escollido para participar no proxecto "21 días en galego e+". A experiencia foi moi satisfactoria e os alumnos e alumnas tomaron moi en serio esta actividade, que a pesar de ser educativa contou con propostas lúdicas. Así, as actividades estiveron estreitamente ligadas ao mundo audiovisual e os participantes na iniciativa elaboraron guións, montaron vídeos e compartiron no blog do proxecto todas as iniciativas que realizaron en galego. Contaron coa colaboración do alumnado de 2º de Bacharelato para a elaboración do material audiovisual. 

O domingo, día 3 de febreiro, cumpríronse os 21 días en galego e algúns dos escolares xa lles indicou ás súas mestras que están animados a seguir falando en galego, xa que moitos deles xa o fan habitualmente nas súas casas.

A seguinte e última cita do proxecto será no mes de maio. Un grupo de 50 escolares de ESO do Otero Pedrayo viaxará á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela para compartir unha xornada de convivencia cos escolares dos outros tres centros que se sumaron a este proxecto lingüístico. Durante a xornada contarán con numerosas actividades e concertos. Será o colofón perfecto a unha actividade que está a entrar nas aulas galegas co fin de promover o uso da lingua galega.