UNHA ACTIVIDADE DO MEU COLE

Goles por acertos medioambientais

Alumnos Franciscanas ante as cámaras de Telemiño
photo_camera Alumnos Franciscanas ante as cámaras de Telemiño

O xogo produce un campo de fútbol polo que os xogadores deben moverse respostando a diversas cuestións

Sporting Sogama e Atlético Pilabot mediron os seus coñecementos medioambientais e crearon un verdadeiro estadio de fútbol nas aulas. Por cuarto ano consecutivo, o alumnado de Franciscanas participou na iniciativa educativa de Sogama, "Un partido polo planeta".

O xogo xigante estivo instalado neste centro educativo ourensán durante dez días e os escolares de 5º e 6º de Primaria, aos que nun principio vai dirixida esta actividade, pero tamén os de 1º de ESO, demostraron contar con numerosos coñecementos e reforzaron o aprendido previamente.

O profesor Gonzalo Sánchez encargouse de dirixir os encontros e así dun xeito divertido o alumnado aprendeu as tres "r" da reciclaxe e fixeron probas para rechazar a cultura de usar e tirar e, por suposto, levaron ás súas casas ideas para separar correctamente.

Como centro que gañou o concurso de reciclaxe de Sogama en 2018, o alumnado de Franciscanas está moi concienciado con estes temas e coñece á perfección os pequenos xestos que se deben levar a cabo e de feito o fan cada día no colexio, coas billas, as luces e o papel.

Nos colexios é moi importante educar os valores de respecto ao entorno para formar cidadáns sensibles e respectuosos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar