XORNAL ESCOLAR

Grupos reducidos, atención individualizada

OURENSE. 15.04.2015 CEIP MANUEL SUEIRO, REPORTAJE XORNAL ESCOLAR. CUARTO FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Escolares do CEIP Manuel Sueiro.

No CEIP Manuel Sueiro traballan por un desenvolvemento intelectual e afectivo óptimo do alumnado, contribuíndo á súa formación integral

O CEIP Manuel Sueiro é un centro educativo das Lagoas, ten un equipo de mestres moi dinámico, en grupos reducidos atendenden ás necesidades individuáis dos alumnos en coordinación co Departamento de Orientación.

Cales son as liñas de traballo da dirección do centro?

Pretendemos un desenvolvemento intelectual e afectivo óptimo no noso alumnado, contribuíndo á súa formación integral educando para o pluralismo, a igualdade, a democracia, a convivencia pacífica e o respecto. Ademáis das actividades académicas tratamos de realizar outras que desenvolvan a personalidade, o traballo en equipo, a disciplina persoal e o espírito de superación.

Que destacaría do CEIP Manuel Sueiro?

Entre outras cousas, o nivel do noso alumnado que é algo superior á media de Galicia,  segundo as estadísticas oficiais, grazas á calidade do ensino na que todo o profesorado participa. Os nosos grupos son reducidos e, polo tanto, a atención é individualizada. Todo isto conleva a que o alumnado, en xeral,se vexa motivado para participar en diversos concursos porque se ven capaces de obter premios. De feito, tanto no curso pasado, como no que vai deste, obtiveron varios premios, tanto a nivel local, como provincial, como autonómico. Tamén cómpre destacar o concurso aberto que organiza o colexio para premiar aos mellores traballos de adaptación –texto e ilustración—dunha obra de literatura universal.  O ano pasado veu o Conselleiro ao a facer entrega deste premio.

Con que instalacións conta o colexio?

Coas aulas de infantil, primaria, aula de inglés,de música, de informática, de Pegadoxia Terapéutica (PT), de Audición e Linguaxe (AL), biblioteca, comedor, patio infantil e pavillón polideportivo. Actualmente estánse a realizar obras de mellora e acondicionamento: obras na maior parte do lucernario, instalación de dobre porta, condicionamento do patio infantil...

Como é o comedor escolar do CEIP Manuel Sueiro?

A xunta elabora os menús do centro e responden as necesidades médicas dos alumnos. Mensualmente están na web.

En que proxectos participa o centro educativo?

En varios proxectos: Dentro do  Plan Proxecta da Consellería participamos no programa de Meteoescolas; Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PlamBe) con PDI diferente cada ano; temos seccións bilingües con apoio de profesorado nativo. Taller de dramatización con participación en encontros escolares anuais de teatro. Taller de música que participará nun certamen nacional. Taller de matemáticas que participará no XIII Rebumbio Matemático con outros centros da provincia na súa primeira fase. Dentro da educación integral destacamos hábitos de vida saudable polo que ofertamos froita fresca gratuita coa colaboración do FOGGA.

A que instituto están adscritos os alumnos deste centro cando rematan a educación primaria?

Ao instituto das Lagoas.

Que programas responden ás necesidades específicas de apoio educativo dos alumnos?

Temos un aula de Pedagogía Terapéutica (PT) e outra de Audición e Linguaxe para o alumnado con Neae. O alumnado que non asiste a estas aulas, pero que precisa de apoio educativo, recíbeo dentro da aula.

Que actividades extrescolares se levan a cabo?

Por un lado o centro participa en diversas actividades complementarias como: visitas a exposicións, concertos, teatro, educación vial, ect. A Anpa oferta actividades extraescolares como: natación, hockey, baile galego, etc. Para o curso que vén ofertaranse máis.

DESTACOS NO COLE

Ana Sánchez-Brunete Alija, directora do centro

Chegou ao Centro en setembro de 2010 e leva como directora dende xullo de 2013. Imparte clases de música en educación infantil e primaria, ciudadanía, plástica e apoio en matemáticas.

María Aldemira Requejo, titora 6º Primaria

Forma parte do equipo directivo, é a secretaria do CEIP Manuel Sueiro e titora de 6º curso. Coordina o proxecto Meteoescolas, consiste no estudo do tempo metereolóxico, o seu alumnado recolle diariamente os datos da caseta metereolóxica do centro e son subidos á páxina web.

Norberto Blanco Dorrío, Mestre Pedagoxía Terapéutica

É o titular de Pedagoxía Terapéutica, e, ademáis, o encargado das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Dá vida á páxina web do colexio e coordina a aula de informática. É o responsable de elaborar o material audiovisual do centro e o encargado das proxeccións dos actos que se conmemoran no colexio.

Ana Carballo Martínez, titora Educación Infantil

Ademáis de ser mestra dos alumnos de Educación Infantil do CEIP Manuel Sueiro, é a alma máter dos traballos artísticos, asesorando e colaborando na elaboración dos mesmos. O alumnado guiado por ela destaca polos premios recibidos.

Pilar Iglesias Gómez, mestra de Inglés

É a profesora de inglés e a coordinadora das seccións bilingües do Plan de melloras das Bibliotecas (Plambe). Imparte o inglés e, dentro das seccións bilingües, a plástica en 1º e 2º que tamén se imparten en inglés.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma