Axenda de ocio para os máis pequenos

2018011910491711297
photo_camera Los centros cívicos retoman su actividad.

Axenda

Grupo de xogo libre na natureza: o grupo de xogo na natureza Aloumiños no Bosque inicia un novo curso escolar baseado no xogo libre e no contacto coa flora e a fauna autóctonas. Emprazado nos bosques de Chantada de Beiro, está pensado para cativos de entre tres e 12 anos. No inverno, o horario das actividades será de 15.30 a 18.30 horas e xa está aberto o prazo de inscripción. Tódalas tardes en Aloumiños no bosque.

Patinaxe, unha alternativa lúdica: se buscas unha actividad extraescolar diferente, o grupo Patinatour xa está listo para comezar o novo curso escolar. Será nas instalacións do colexio Mestre Vide a partir do mes de outubro, pero xa están abertas as inscripcións para os interesados. A partir de outubro en Patinatour.

Actividades continuadas na biblioteca: a Biblioteca Pública de Ourense ten aberto o prazo de inscripción para as súas actividades continuadas. Clubes de lectura, grupos de debate, obradoiros de escritura, clubes de cinema e de cómic centran as propostas que se desenvolven ó longo de todo o curso. Os interesados xa poden poñerse en contacto para anotarse chamando ó teléfono 988 788 385 ou de xeito presencial. A partir de outubro na Biblioteca Pública.

Novo curso nos centros cívicos: o programa de actividades para nenos e nenas pretende ofrecer unha alternativa de ocio activo e de calidade para nenos e nenas que ademais aprenden a relacionarse convivindo con outros rapaces e rapazas no marco do centro cívico. As actividades buscan tamén servir como apoio na conciliación da vida familiar e laboral e son gratuítas. Xogos cooperativos e didácticos centran o programa de propostas. Inscripcións ata o 19/09/2021.

 

Actividades. Convocatoria para crear clubes de lectura nos centros públicos.

Está aberto o prazo para a constitución de clubes de lectura en centros educativos de titularidade pública. A convocatoria, impulsada pola Consellería de Educación a través da Dirección Xeral de Centros, diríxese ó alumnado e profesorado de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional ou ensinanzas de réxime especial. 

Ata o 15 de outubro, os colexios e centros de formación que o soliciten poderán conformar grupos co obxectivo de promover o hábito da lectura entre os mozos e mozas galegos. 

Dende a Consellería lembran que os clubes de lectura son grupos que comparten as súas experiencias en torno a unha obra literaria coa implicación do profesorado. Recoméndase a biblioteca como lugar no que desenvolver os encontros, así como o uso de tecnoloxías da información e a comunicación. Debido ás circunstancias actuais, os impulsores da convocatoria recomendan que os grupos non sexan excesivamente amplos, pero si mixtos. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma