ceip de punxín

Horto ecolóxico vs educación interdisciplinar

PUNXÍN (CEIP PUNXÍN). 20/04/2018. OURENSE. Fotografías para el suplemento de La Región, "Xornal Escolar". FOTO: ÓSCAR PINAL.

Antía, Rubén, Carla, Anxo, Pablo, Miguel, Elena, Ariana, Guille y Leonor.
photo_camera Contan cun blog onde amosan as súas inquedanzas e traballos

No CEIP de Punxín, os escolares están inmersos nunha interesante actividade que consiste en facerse responsables das tarefas que implica un horto, un apaixonante proxecto co que profundizan en distintas materias

En Punxín está ubicado un centro de ensino de Educación Infantil e Primaria moi especial. Destaca tanto pola edificación na que está situado, unha construción doada no ano 1923 por emigrantes para converterse en centro educativo, como pola familiaridade que se respira no ambiente. Profesores, alumnos e pais forman unha piña cuxo principal obxectivo é unir esforzos, coñecementos e medios para aportarlle ao alumnado a mellor e máis completa das formacións. O entorno que rodea ao colexio é privilexiado, zonas verdes e magníficos espazos ao aire libre permiten que moitas das actividades que comparten os escolares no seu día a día, tanto as que son meramente educativas como outras cun carácter máis lúdico, se poidan desenvolver nestes espazos dos que tanto gozan os cativos e cativas. 

Traballar por proxectos é outra das marcas de identidade deste colexio do rural. Un dos máis salientables este curso é o horto ecolóxico no que están inmersos todos os alumnos do centro desde principio de curso. En setembro comezaron a tratar o tema na aula para así en xaneiro e preparar a terra e no mes de febreiro comezar coas plantacións.

No proxecto de horto ecolóxico os escolares deben facerse cargo de todas as tarefas que implica contar cun horto na escola e buscar a información precisa sobre as datas nas que se debe plantar cada cultivo ata os procesos de sembra, coidado e recollida dos froitos.

Ademais de tratarse dun proxecto divertido, no que os escolares o pasan ben e ao tempo aprenden, a nivel educativo é unha ferramenta perfecta para traballar, por exemplo, a lateralidade, a orientación espacio-temporal, a motricidade fina, a exploración cos sentidos, etcétera. O feito de contar cun horto ecolóxico tamén permite extraer interrogantes e desenvolver estratexias de investigación, realizar observacións nos seres vivos, interrelacionar conceptos de diversas áreas, etcétera. Ao tratarse dun proxecto multidisciplinar, permite traballar a linguaxe a través das adiviñas, refráns, a historia seguindo a pista da orixe dos cultivos e o seu uso en diferentes culturas. Na rama das matemáticas, calculan superficies a abonar, cantidades de sementes, pesos das colleitas, etcétera. Por último, pero non menos importante, gracias ao horto ecolóxico desenvolven a socialización e o traballo en equipo: organizado, secuencializado e respectando as quendas naturais, favorecendo así a valoración do propio esforzo e a súa relación co aprecio aos produtos conseguidos, a importancia da constancia e o orde.

Cando os escolares están en contacto coa terra, aprenden a amala e a respectala, a sentir que forman parte dela. Coñecen, de primeira man os recursos vitales que a lles proporciona e polo tanto son conscientes da importancia de coidala e protexela. 

Desde o CEIP de Punxín queren facer fincapé tanto no respecto ao entorno como ao desenvolvemento de condutas dirixidas á reciclaxe e á reutilización que permiten a redución do consumo e da contaminación. 

Este proxecto complétase aínda máis co blog da escola no que levan traballando dende hai anos e onde os escolares amosan as súas inquetudes e traballos, eso si, tamén lle adican un bo espazo á evolución do horto. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?