TELEMIÑO

Un horto escolar é unha alternativa sa e divertida

OURENSE (COLEXIO SALESIANOS). 19/04/2018. OURENSE. 
Grabación del programa de Telemiño "Xornal Escolar" en el Colexio Salesianos. FOTO: ÓSCAR PINAL.

Carla y Leire.
photo_camera Carla y Leire.

A proposta de ocio á que convida esta semana Conchi Pérez no programa é a creación dun xardín e gozar dos seus beneficios

A saúde centrará este sábado o programa Xornal Escolar de Telemiño. O equipo de Conchi Pérez desprazouse ao colexio Salesianos para ser testemuño dalgúns dos programa relacionados coa saúde nos que participa todo o alumnado do centro. Un dos programa máis salientables é o promovido polo doutor Valentín Fuster, que trata de inculcar hábitos cardiosaudables, dende cativos, alimentación sa e exercicio. A raíz deste programa, en Salesianos levan a cabo outros proxectos co fin de relacionar unhas actividades coas outros. Así, o “Xogo da serpe”, de Educación Vial e o Horto Escolar son o que se pode considerar como unha prolongación do programa She.


Latricar


Esta semana Leire e Carla, dúas nenas de 3 anos, son as encargadas de latricar para o Xornal Escolar. As dúas cativas falan do conto “A Eiruguiña Comellona”, que tanto lles gustou e co que tanto aprenderon. As nenas recomendan a lectura deste exemplar a todos os nenos e nenas xa que lles vai encantar. 


Contacontos


Esta semana, a sección prensa será substituída por un fantástico contacontos sobre a temática do corazón. O “Amigo das árbores” compartiu co alumnado máis novo unha divertida actividade da Concellería de Educación  do Concello de Ourense. 


Augaescola


Viaqua presenta esta semana unha nova entrega do xogo educativo “Sabías que?”. Nesta ocasión o tema central serán as toalliñas, coas que tanto coidado hai que ter e nunca se deben tirar polo WC. Un grupo de escolares do colexio Franciscanas serán nesta ocasión os participantes no xogo que lles propoñen os expertos de Viaqua Santi e Marian.

Para despedir o programa e aproveitando a recente visita ao horto escolar de Salesianos, Conchi Pérez convida a todo o mundo a crear o seu horto. Anima á xente a buscar un espazo e crear o seu hotiño co que se traballarán moitos aspectos como o coidado da natureza, coa terra, crear niños e maceteiros con material de refugallo, traballar en familia e sementar productos sans que despois gozaremos nas nosas mesas. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?